Semana Solidariedade
O Concello de Marín, xunto coas ONGs organizar unha recollida de alimentos non perecederos, produtos de Nadal e produtos de hixiene e limpeza.
A campaña consistirá en que durante a semana do 11 ao 15 de decembro, o alumnado e as familias poidan aportar algún produto, e os días 18 e 19, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA e AMENAC).