Ciclomarcha organizada pola ANPA AIDÓN
Este domingo a ANPA AIDÓN organizou unha ciclomarcha, con saída do colexio, á que se uniron outros centros escolares de Marín.
Ademais de fomentar hábitos saudables e o uso da bicicleta, foi tamén unha marcha reivindicativa pola eliminación da violencia contra a muller, adiantándose á conmemoración do próximo día 25 "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".
Así pois todos os participantes non se esqueceron de levar un pano violeta, e disfrutaron dunha xornada soleada, saudable e reivindicativa en bicicleta.
Enviar un comentario novo