Videoconferencia a familias: "A educación a distancia" para 3º a 6º de primaria
O venres 4 de decembro ás 18h00 terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia (3º a 6º PRIMARIA)" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o CEP Sequelo. O acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m2910b5c11c7b97cfae9d01f92820adef
Instrucións de acceso:
-
Lembren usar un navegador Chrome.
-
Nas familias cuxos fillos e fillas estean en E-Dixgal recoméndase que empreguen o computador subministrado polo centro educativo para familiarizarse con el.
-
No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.
-
Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).
-
A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.
Guión da xuntanza
-
Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento.
-
Normas en confinamento.
-
Aula Virtual / Edixgal. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).
-
Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.
-
Abalar. Funcionalidades básicas.
-
Tempo aberto a dúbidas.
Videoconferencia a familias
Bo martes:
Precisaba saber se a xuntanza foi gravada e se podemos visuala.
Agradecería link de descarga ou enderezo para visualizala.
Gracias.
Rai Calviño / edicion@noncommon.tv (pai dunha nena do Sequelo)
Bo día Rai: Non puidemos
Bo día Rai:
Non puidemos subir a videoconferencia por problemas técnicos. Sen embargo tes unha presentación e uns vídeos alternativos na seguinte dirección:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/aulavirtual/mod/page/view.php?id=769
Espero que che poidan servir.
Xosé
Enviar un comentario novo