Gonzalo Moure visita o CEP Sequelo.
Hoxe, 8 de febreiro tivemos o enorme pracer de difrutar da visita do escritor Gonzalo Moure.É un autor adicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como 'el Gran Angular', 'el Ala Delta','el Primavera' ou 'el Barco de Vapor', entre outros. Antes de adicarse por completo à escritura, Moure traballou tamén como xornalista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta aos problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. No CEP Sequelo, os nenos e nenas de 5º de primaria leron 'Os cabalos do meu tío' e os alumnos e alumnas de 6º de primaria 'Los caballos de mi tío'. Ten obras tan recoñecidas como: 'Palabras de caramelo,Lili libertad,Nacho Chichones, El oso que leía niños, Geranium 2204,El mejor amigo del perro', etc.
Enviar un comentario novo