Bolsas e axudas para alumnado con NEAE 2019-2020
O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave da conduta.
O prazo para solicitar a bolsa remata o día 26 de setembro (xoves). A solicitude hai que cubrila no enderezo web do Ministerio de Educación:
Onde presentala?
- Solicitantes con certificado recoñecido de firma electrónica: a través do rexistro telemático deste Ministerio, adxuntando un escaneado dos certificados correspondentes.
- Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez firmado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo.
Enviar un comentario novo