VII EDICIÓN DO CERTAME DE RELATO CURTO
Todos son uns auténticos campións. Todos pasaron polo noso taller de escritura creativa e todos realizaron un estupendos textos. Logo, 6 deles (os axeonllados) tiveron a sorte de seren elixidos finalistas entre os 53 nenos e nenas da provincia de Pontevedra neste certame. Somos o colexio con maior representación entre os finalistas do certame, certame que xa gañamos dúas veces.
O importante non son os 6, nin é gañar, é conseguir que os nosos alumnos sexan quen de imaxinar mundos alternativos, de darlle unha reviravolta á realidade, porque iso o imaxinar, tamén se aprende, e eles e outros moitos que non están no noso centro aprendérono. Sorte Ana Barrera....
Premiados na VII edición de Relato Curto
A creatividade e a imaxinación son a base de calquera obra de arte ou de calquera avance da humanidade. VIVA A IMAXINACIÓN ! NORABOA A TODOS!
Enviar un comentario novo