O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"
Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.
Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e os cultivos das distintas tempadas.
En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.
Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.
Enviar un comentario novo