Mañá de actividades extraescolares en Afundación. Primeiro e segundo cursos.
O pasado martes o alumnado de primeiro e segundo asistimos a varias actividades extraescolares levadas a cabo por Afundación. A primeira delas foi un concerto didáctico a cargo de Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas?", no que a través da música amosábase a riqueza e a importancia da alimentación e da cociña. Despois de facer un pequeno descanso para merendar, asistimos a un "Obradoiro de Entroido" no que nos contaron varias historias sobre o loro Ravachol, protagonista do Entroido de Pontevedra, e tamén fixemos máscaras.
Enviar un comentario novo