OS CORTICEIROS DO MEL
Os corticeiros antigamente usábanse para facer o mel. Facíase coa árbore corticeira, e podían ser redondos ou cadrados. Pousábanse enriba dunha pedra e poñíanselle catro paus, dous en forma de cruz da metade para abaixo e dous da metade para arriba. Facíase tamén un burato nun lateral para que entrasen as abellas.
As abellas poñían a cera de pau a pau e logo o mel enriba da cera. Cando ían sacar o mel, a xente dáballe fume ao redor da corticeira para parvear ás abellas.
As abellas facían catro paneis e sacábanse só tres para que a cuarta a tivesen de comida para o inverno.
Damián Otero Villanueva 6º B
Enviar un comentario novo