II Premio no Concurso de Scratch
Non puido ser pero estamos moi contentos co segundo posto no III Concurso do "Aprende programando" cun dos nosos grupos disque "LOS LODAZALES". Foron as nenas as que levaron o mando dun proxecto sobre a catedral de Santiago realizado coa linguaxe de programación Scratch. A asociación de centros públicos de Marín para un proxecto común non fixo outra cousa que enriquecernos a todos; o ano pasado foron os do IES Mestre Landín, este ano nós, o CEP Sequelo segundos en primaria e non me cabe dúbida que o ano que vén serán os compañeiros do CEIP Carballal.
Parabéns para os compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero (Coruña) que tan bo proxecto presentaron.
Enviar un comentario novo