Nos 70 e nos 80, o Coñecemento do Medio era un gran descoñecido nas nosas escolas (alí só había Sociais e Naturais); mais os rapaces daquela coñecían de primeira man o medio natural onde vivían. Non había monte, regato, outeiro, con, rocha... que lles fose alleo. Topabas unha pluma e dicíanche de seguido o nome do paxaro e en que árbore aniñaba, as súas características. Moitos destes rapaces doutrora foron alumnos do noso colexio. Aqueles rapaces dos setenta e oitenta son hoxe homes e algún deles como Juan Carlos Epifanio fixeron daquel patexar do medio natural unha afición de por vida.
A garza Sequelo foi a excusa perfecta para invitalo e que nos contase aos de 5º e 6º un chisquiño de todo o que sabe dos paxaros.
Agora e dende aqui invitamolo a que veña de espectador a que os rapaces expoñan, dentro do TEMARIO correspondente aos animais, o que aprenderon centrado na nosa garza e o seu alimento, os peixes de río