Responder ó comentario
VISITA DO ILUSTRADOR RAMÓN TRIGO
Enviado por josean o Ven, 13/03/2015 - 00:00Nesta mañá de venres tivemos a inmensa sorte de poder contar co ilustrador gráfico, debuxante de banda deseñada, pintor, guionista e unha chea de cousas máis, ademáis do princicipal, estupenda persoa, que é Ramón Trigo, premio Lazarillo 2012 pola súa obra "Leviatán". Veu expresamente dende Vigo para falarlles aos rapaces do seu traballo na Banda Deseñada, centrado no seu libro "O Burato do Inferno", sen esquecer o seu máis recente "O leviatán" polo que obtivo o citado premio. A banda deseñada non deixa de ser unha forma narrativa que ten estructuras semellantes a outras formas expresivas coma a escrita ou o cine, ás que, as veces, complementa. Como tal forma narrativa a nós interesanos é moito por iso contactamos con Ramón, que por certo esta tarde recolle un premio no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, premio máis que merecido.