Responder ó comentario
OS SETE FALARES I
Enviado por josean o Mér, 26/11/2014 - 22:26Somos conscientes que canto máis profundo sexa o coñecemento, que nós como docentes, teñamos da nosa lingua e a cultura que a fornece, mellor poderemos ensinala e aprendela. Sendo conscientes das nosas eivas, tentamos dende un aspecto lúdico e distendido, o seguir aprendendo para ensinar. Ese é pois o obxectivo co que nace esta revista-tríptico, e que neste primeiro exemplar céntrase no mundo do conto; e para iso pescamos na rede ("A orella pendella") ou no camiño que nos marcou Ana Acuña, "Contos de Tradición Oral"; un libro da profesora Camiño Noia que recolle unha inmensidade de contos galegos, algúns coma o que esta no tríptico recollido en Marín. "Os sete falares" nace coma unha revista tríptico destinada ao profesorado, pero que queremos compartir con todos vós.