Responder ó comentario
PEGADAS DE PEDRA DOS DEVANCEIROS
Enviado por josean o Mar, 21/10/2014 - 22:01Comezamos proxecto interdisciplinar que irá completado con pequenos proxectos: "Pegadas de pedra dos devanceiros" Un proxecto que se centrará no legado megalítico e castrexo do concello de Marín; pero iso non desbota que estudemos a rica e potente tradición da pedra doutros concellos que por algún motivo nos son proximos ou a nosa propia. Así un proxecto tan amplo pode abarcar dende petroglifos, mamoas, muiños, castros, lendas, mar, terra, verbo xido, cruceiros , fontes, lingua , fotografía, cancións... A omnipresente pedra de Galicia. E que mellor para escomezar este proxecto que recuperar as pegadas de Méndez Ferrín nun artigo sobre o orgullo e os petroglifos;http://www.farodevigo.es/opinion/2014/08/04/orgullo-e-petroglifos/1069749.html