Responder ó comentario
Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren
Enviado por Belen o Xov, 05/10/2023 - 14:16A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras.
A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.
Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.
Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.
Animavos a tódalas familias a participar neste evento!