Responder ó comentario
Programa Refórza-T
Enviado por xose o Mér, 15/01/2020 - 12:42Neste curso 2019-2020 participamos no contrato-programa dirixido á mellora do rendemento académico do alumnado con dificultades de aprendizaxe, de 3º a 6º de primaria, financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).
Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 17 alumnos e alumnas de 3º a 6º de primaria, fóra do horario lectivo, catro horas á semana, distribuídas en dúas sesións polas tardes.