Responder ó comentario
Personaxes do Nadal galego
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 19:53Se os Reises Magos tiñan unha grande importancia no noso Nadal moitos outros persoaxes poboaban ao longo de Galicia as nosas festas. O mais coñecido pola difusión que está tendo últimamente entre asociacións e colectivos de carácter cultural é este APALPADOR proprio das Montañas Orientais de Galicia, do Courel e do Cebreiro, das Serras do Invernadoiro e que en Ourense é coñecido como o PANDINGUEIRO. A tradición aparece recollida neste libro de Xoán G
Pero mais preto de nos existen outras persoaxes que aparecen nestas datas como O DEMO ASUBIADOR de Vilaboa. O tal perello ten por ocupación escoller no aninovo o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola.
E en Cerdedo existe outra personaxe á que chaman XAN FIZ e do que se di que é home velleiro, alto, fraco e barbudo. Quen o viu sabe máis ca calquera, pois viste o chamado traxe de asiandes, confeccionado con exótico e máxico pano, que o fai invisíbel á común ollada e lle outorga o don da ubicuidade. Xan Fiz é o parente rico e solteirón na procura do sobriño vinculeiro, unha sorte de indiano adiñeirado. Xan Fiz é un ancestro cordial. Xan Fiz volve cada ano polo Nadal e faino cargadiño de presentes e ventura. Xan Fiz representa a fartura e a prosperidade.