Responder ó comentario
Un aplauso polas nenas e nenos do CEP Sequelo
Enviado por Anónimo o Sáb, 28/03/2020 - 12:28
Bos días nenos e nenas,
Hoxe cúmprense 2 semanas de encerro na casa, dúas semanas nas que todos e todas estades demostrando o fortes que sodes e o poder que tedes, por iso hoxe ás 18:00 horas o aplauso vai a ser para todas e todos vós, porque non só os/as que están no hospital, nas ambulancias, no supermercado, na farmacia, nas rúas vixiando que non salgamos en exceso, os/as investigadores,… están traballando en contra desta pandemia, todas e todos os que estamos nas nosas casas con gañas de saír pero sabendo que non debemos tamén formamos parte da cura, porque cremos e credes que isto vai ser positivo, que se encontrará unha vacina, que os investigadores lograrán coñecer mellor este virus que non só por perigoso senón tamén por descoñecemento sobre el nos está a gañar unha guerra, todos e todas sodes importantes, si non nos poñemos enfermos e non contaxiamos somos unha barreira para esta enfermidade, uns pequenos soldados que sen sabelo salvaredes moitas vidas, moito ánimo para estes días que nos quedan na casa, sodes uns e unhas grandes guerreiras e guerreiros!!!!
Unha aperta enorme para todos os meus guerreiros e guerreiras do CEP Sequelo!!!! Verémonos moi axiña.