Responder ó comentario
Liga Lego Junior 2019-2020 (6)
Enviado por xose o Mar, 14/01/2020 - 09:27Despois das vacacións de Nadal continuamos coa 6º sesión. Hoxe traballamos en grupos para consensuar as características que terá o noso edificio, e acordamos que:
- Será un centro deportivo
- Queremos que sexa respectuoso co medio ambiente: con placas solares ou muíño de vento para obter enerxía e con sistema de reciclaxe de auga
- Será accesible: terá portas automáticas
- Será útil e divertido: con piscina e patio de xogos
Tamén votamos polos nosos valores preferidos e gañou o de Divertirnos.
Na segunda parte da sesión cada neno e nena debuxou nun folio o seu propio deseño do edificio. Houbo propostas moi creativas como darlle forma de bota de fútbol, ou de pelota.
Para a vindeira sesión, onde comezaremos a construír o edificio, traeremos da casa unha mellora do deseño do edificio, que inclúa os elementos acordados. Ademais, cada neno/a traerá a súa presentación nun folio, cunha foto e algunha información sobre idade, curso ou afeccións preferidas, para pegalas no mural.