Responder ó comentario
Unha excursión moi chula
Enviado por Anónimo o Lun, 26/11/2018 - 12:58( Equipo 3 de redacción: Roi, Breixo S., Roberto e Breixo V. )
O mércores 21 de novembro, os nenos de 3º e 4º cursos de primaria fomos ao Café Moderno a visitar unha exposición de grabados de Francisco de Goya e Salvador Dalí. Antes fixemos un grabado coa técnica da punta seca. Esta técnica consiste en raiar cun punzón unha superficie lisa, pintala con pintura, sacar a pintura agás a que está nos buratos e estampalo contra un cartón, papel... Así queda o debuxo pintado no cartón.
A continuación fomos mirar os grabados de Goya e Dalí. Ensináronnnos dúas caixas, unha de Dalí e outra de Goya. Tamén nos ensinaron unha caixa atrapafantasmas coa que atrapamos tres monstros.
Despois fomos ao Auditorio de Afundación a mirar unha obra musical titulada " O máxico planeta dos instrumentos insólitos". Trataba de dous señores que creaban e tocaban instrumentos. Chamábanse Diego e Jorge e tocaron: o serrucho musical, o brick de leite con cordas, a guitarra caldeiro, o recolledor frauta, a basoira frauta, a silla de camping frauta, o acordeón, o violín, a frauta feita cun óso, a culler coa sartén, as dous culleres, a frauta traveseira, a bandurria, o theremín...
Breixo Sanjorge tocou o theremín. Pasámolo xenial!