Responder ó comentario
CAMPEONATO MUNDIAL DE XADREZ DE CADETES
Enviado por Anónimo o Lun, 12/11/2018 - 12:53( Equipo 2 de redacción: Yasmín, Laura, Carla, Maroua e Xoel)
O Campeonato Mundial de Xadrez de Cadetes estase a celebrar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Empezou o día 3 e rematará o 16 de novembro. Nel participan máis de 800 nenos de 86 países diferentes. Hai 69 xogadores galegos, entre eles os nosos compañeiros Breixo e Darío.
As partidas comezan ás 16:00 e algunhas pódense ver en directo na web do campeonato. Hai tres categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Breixo, que está na nosa clase, participa na sub-8. Confiamos que quede en bo posto.
Ánimo Breixo!
(Foto da delegación española, atopas a Darío e Breixo?)