Responder ó comentario
As abellas e os seus inimigos
Enviado por Anónimo o Mér, 24/10/2018 - 20:58O pasado martes, 23 de outubro, o noso orientador, Xosé, que tamén é apicultor, deunos unha charla, aos rapaces e rapazas de 6º, sobre as abellas e os seus inimigos. Falounos das súas características, a súa organización, os seus beneficios coma a polinización e todos os productos que nos proporcionan: mel, pole, propoleo, xalea real, cera...
Mostrounos colmeas antigas feitas de cortiza e todos os trebellos que empregan os apicultores, asi coma o traxe.
Por último, informounos sobre os seus depredadores: ácaros e... a máis perigosa a avespa velutina! En Galicia é unha auténtica praga. Ensinounos distintos métodos de loitar contra elas: raqueta de badminton, arpas, dardos con insecticidas e a máis coñecida, a botella rechea dun líquido atractivo para elas.
Orientounos en como fabricalas e indicounos a fómula máis económica para o líquido: 1 litro de auga, un vaso de azucre e un pouco de levadura de panadeiro. Pediu 5 voluntarios que tivesen finca para colocar as trampas, aos que lles repartiu o necesario para elaborar o "zume". O próximo luns comprobaremos os resultados. A ver quen atrapou máis velutinas!!!