Responder ó comentario
Scratch e robótica.
Enviado por Miguel o Mar, 20/06/2017 - 22:12Despois da visita dos alumnos do Mestre Landín e a súa demostración dentro do proxecto común "Aprendo programando", o alumnado de 5ºB ensináronlle o robot Mbot Ranger aos alumnos de primeiro, probando o manexo do mesmo. Por outra banda, na aula ensináronlles os xogos creados co Scratch, visitando o blog de Martina, onde podemos atopar varios deles deseñados por ela e mais polos seus compañeiros.