blogue deMenchi
3º primaria. Curso 2022-23
Enviado por Menchi o Mér, 21/06/2023 - 10:22Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!
¿Qué siente tu corazón?
Enviado por Menchi o Lun, 12/06/2023 - 21:52O pasado venres Alba Castro de 3º de primaria foi a Coruña a recoller o premio polo concurso de microrrelatos que convocou a Unidade de Cardioloxía infantil, a Unidade de Ciruxía Cardíaca, a Área Sanitaria de Coruña e Cee e a Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Familiares.
Dende o Colexio pareceunos importante visibilizar a labor que levan a cabo e apoiarlos participando neste concurso.
A nai de Alba explicounos como foi a experiencia:
" Ha sido una experiencia maravillosa porque allí estaban los médicos y los pacientes de muchos trasplantados de corazón rencontrándose después de mucho tiempo. Escuchar a padres y pacientes fue muy emotivo".
Entrevista á escritora María Xosé Lamas
Enviado por Menchi o Mar, 23/05/2023 - 21:40Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.
4º primaria
Enviado por Menchi o Lun, 27/06/2022 - 10:43Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.
Camiño portugués de Tui a Porriño
Enviado por Menchi o Mér, 15/06/2022 - 21:11O camiño portugués en Galicia comeza en Tui, e a primeira etapa chega ata Porriño, os nenos-as de 4º investigamos sobre esta primeira etapa que resumimos nun vídeo que esperamos que vos guste.
Entrevista a Carolina Neira
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 19:15Os nenos/as de 4º entrevistaron a Carolina Neira, xefa de prensa do Concello de Marín
Prensa Escrita
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 19:00Como ben sabedes este curso, dende o centro, estamos levando acabo o PDI inventos que cambiaron o mundo, a 4º curso corrrespondeulle investigar sobre a prensa escrita, a continuación deixovos un resumo deste traballo. Espero que vos guste.
O Maio de 4º de primaria
Enviado por Menchi o Dom, 01/05/2022 - 16:49Os nenos/as de cuarto escribimos o noso maio para celebrar esta festa; a continuación, deíxovos unha imaxe interactiva onde se clicades enriba podedes ver a letra do maio, as fotos ou os videos dos nenos/as cantando. Uns artistas!!!
Rosalía de Castro polos nenos/as de 4º
Enviado por Menchi o Mér, 23/02/2022 - 13:57Os nenos/as de 4º fíxemos unha pequena biografía sobre a vida de Rosalía de Castro; esperemos que vos guste.
O Vila De Pitanxo
Enviado por Menchi o Mér, 23/02/2022 - 13:37Os nenos de 4º quixeron mandar unha marea de mensaxes en apoio as familias do Vila de Pitanxo. Dende o centro todo o noso apoio as familias as que queremos homenaxear coas mensaxes dos nenos/as.
Os usos da Roda
Enviado por Menchi o Xov, 20/01/2022 - 14:00No primeiro trimestre e dentro do PDI inventos que cambiaron o mundo, os nenos/as de cuarto tocounos investigar sobre o usos da roda.
3º primaria. Curso 2020-21
Enviado por Menchi o Mar, 22/06/2021 - 11:31Rap de Xela Arias (3º primaria)
Enviado por Menchi o Mér, 12/05/2021 - 12:03Os nenos de terceiro estivemos coñecendo a biografía de Xela Arias; autora homenaxeada polas letras galegas, e cos datos máis importantes escribimos este rap. Esperamos que vos guste.
Chega a primavera á Horta Escolar
Enviado por Menchi o Lun, 08/03/2021 - 13:15No mes pasado os alumnos de terceiro comezamos a traballar na horta sementando guisantes e plantas nas xardineiras dos patios.
Tarta de castañas de Raúl Soage
Enviado por Menchi o Ven, 20/11/2020 - 11:33O Samaín en terceiro
Enviado por Menchi o Sáb, 31/10/2020 - 18:24Chega a noite máis terrorífica do ano e os nenos de terceiro andan contando historias de medo, non vos perdades o seu conto e o recopilatorio das súas fotos. Feliz Samaín!!!
LISTAXE DE MATERIAL 3º CURSO DE PRIMARIA
Enviado por Menchi o Mér, 09/09/2020 - 10:00Benvidos ao novo curso escolar, son a mestra Menchi a titora de 3º de primaria, vos deixo dous ficheiros adxuntos co material para este curso e o horario de clases. Un saudo.
Despedida de 4º de primaria
Enviado por Menchi o Mér, 24/06/2020 - 20:43Chegamos ao final e soamente queda facer as recomendacións do verán: como cada curso recomendamos que repasen un pouco no verán xa sexa cun caderno de vacacións ou como fixemos nos últimos meses mediante fichas interactivas, as profesoras non imos recomendar ningún caderno específico o que si recomendamos e que descarguedes unha aplicación do tipo de mecanet para aprender a escribir co teclado empregando tódolos dedos, non debedes estar máis de dez a quince minutos ao día, pero tedes que traballalo tódolos días; trátase de que cando cheguedes a 5º curso saibades escribir ben co teclado porque ides traballar co libro dixital e saber escribir ben co teclado facilitavos o traballo. As profesoras queremos agradecervos a vosa colaboración e dexesarvos un feliz verán. Deixámosvos os videos de despedida dos nenos.
FELIZ VERÁN!!!!
Tarefa 4º primaria semana do 15 ao 18 de xuño
Enviado por Menchi o Dom, 14/06/2020 - 15:22Bos días queridos/as alumnos e alumnas:
Xa estamos na derradeira semana de curso e, polo tanto, a piques de desfrutar do tempo de lecer que ben merecido o tedes. Tempo para compartir coa familia, realizar actividades ao aire libre, ir á praia etc.
Pero, aínda vos queremos pedir un último esforzo, que gravedes un vídeo de despedida, xa que non o podemos facer como nos gustaría, todos xuntiños no cole cunha gran aperta.
Nesta gravación queremos que nos expresedes as emocións vividas ao longo do curso, algún rato inolvidable que queirades compartir cos vosos compañeiros/as , o que lle pedides ao próximo curso… en definitiva, o que vos apeteza compartir con todos nós.
Tarefa
Gravar un vídeo :
-
Duración máxima : un minuto.
-
Gravación en horizontal
Envialo ao correo das titoras .
Nesta ocasión, gustaríanos contar coa colaboración de todos vós. O prazo de entrega é o xoves 18 de xuño.
VIDEOCONFERENCIAS:
Luns 15 ás 11:30h. 4º B coa profesora Menchi
Xoves 18 ás 10:00h. 4º A coa profesora Loli
Ás 11:30 h. 4º B coa profesora Menchi