blogue deRuth

Coloquio con motivo do 25N Organizado polo Concello de Marín

INTERNET, CIBERACOSO E  MACHISMO

Trátase dun coloquio entre a creadora de contido e divulgadora feminista Sindy Takanashi e a xornalista e escritora, Diana López.

Será o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

O coloquio pretende poñer o foco en como se producen situacións
constantes de violencia machista en Internet e as redes sociais,
entornos que contan coas súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.

O público asistente poderá participar na segunda parte do coloquio coas súas preguntas.

Charla formativa: "Alzheimer de preto"

Dende o Concello de Marín trasládannos a seguinte información:

 

Formación sobre Alzheimer e outras demencias: para coidadores/as familiares, persoas con recente diagnóstico e público interesado

 

Salón de Actos do Museo Manuel Torres - MARIN

Xoves 14 de novembro de 10-14h.

 

A cargo de:

María Solla, Psicóloga de AFAPO

Lara Argibay, Traballadora social de AFAPO

 

 

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Exposición cabazas

Grazas a todas as familias por colaborar na decoración do Samaín con estas fantásticas cabazas!!

Exposición cabazas de Ruth PT

 

Guía de uso seguro de internet e redes sociais

Calendario escolar curso 24/25

 

As actividades lectivas iniciaranse os días 11 de setembro de 2024, e rematarán o día 20 de uño de 2025, ambos os dous inclusive. 

Os periodos de vacacións serán:

- Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025.

- Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025

- Semana Santa: desde o día 14 de abril ao 21 de abril de 2025, ambos inclusive. 

Non serán lectivos:

-  31 de outubro de 2024: Día do Ensino

- 9 de decembro de 2024 e 2 de maio de 2025: días de conveniencia pedagóxica

 

Poderedes atopar máis información no apartado 3.9 da PXA aprobada en consello escolar o 22 de outubro de 2024

 

 

 

 

 

 

 

PXA 2024/2025

Achegamos a PXA aprobada no Consello Escolar celebrado o día 22 de outubro de 2024.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/gfrzE3AyTrYFSH6

Total alumnado e grupos

Convocatoria asemblea ANPA Aidón

A ANPA Aidón convoca unha asemblea para o día 29 de outubro de 2024 ás 16:00.

X FEIRA DO LIBRO USADO

Medios de comunicación cos titores e titoras

Algunhas familias trasladastes as vosas dúbidas da forma de comunicar aos titores e titoras os días puntuais de asistencia ao comedor. Tras consultalo con eles, deixámosvos un cadro resumo da información recibida.

Premiados concurso Pontenasondas

VII Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!

Acaban de comunicarnos que 1 alumno do centro gañou o 1º premio de Podcast de Ensino Primario, e que unha alumnna de 2º de primaria e un de 6º de infantil recibiron 2 accesits para recoñecer eses traballos tan incríbles que presentaron. 

 

Parabéns!!!

 

 

Podedes consultalos na súa web: https://escolasnasondas.com/vii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/#new_tab

 

 

Convocatoria asemblea ANPA AIDÓN

Acceso ao centro

Listaxe de libros e materiais curso 2024-2025

Aquí poderedes atapar o listado de libros de texto e de materias para o curso 2024-2025.

 

AVISO: os ISBN dos activity book eran erróneos, a mestra comunicará os correctos vía Abalar

 

X FEIRA DO LIBRO USADO

O sábado 8 de xuño é a data escollida para celebrar a X FEIRA DO LIBRO USADO. O horario será de 10:30 horas ata as 13:00 horas, na Alameda Rosalía de Castro. Arredor das 12:30 horas haberá unha sesión de música tradicional e contacontos a cargo de CE ORQUESTRA PANTASMA.

 

COMO FUNCIONA? Moi sinxelo!!! Achega, ao teu centro, os libros, contos ou bandas deseñadas que tes na casa e aos que lles queres das unha segunda vida. Alí, daranche un vale por cada libro. O día da Feira poderás canxear os vales por libros en calquera dos "stands"  habilitados. 

 

Ánimate a participar!!

Charlas para familias

O CFR de Pontevedra e o Concello de Marín organizan 2 charlas para as familias interesadas. Contan con servizo de ludoteca gratuíto.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias.

 

CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS

O IES Chan do Monte Organiza un curso de capacitación dixital para adultos. O curso é totalmente gratuíto. Podedes atopar a información aquí

Scape room pola igualdade: "Estrelas".

O CIM do Concello de Marín organiza o seguinte scape room:

Unha experiencia de escapismo onde as mulleres máis apaixonantes da historia son as protagonistas". Dirixido a toda a cidadanía, especialmente familias e mocidade. Equipos de entre 4 e 6 persoas, Inscricións desde o 26/02 ao 27/03 en info@territorio-comanche.com indicando nome de equipo e nome, apelidos e idade dos seus integrantes.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.