Novembro 2024
Cros Zonal- San Pedro
Enviado por Belen o Ven, 15/11/2024 - 14:45Este martes pasado celebrouse o Cros Zonal (programa Xogade) na pista de atletismo de San Pedro.
No 6º curso unha alumna quedou de primeira e un alumno de terceiro postos.
Nos demais cursos houbo alumnos/as que quedaron entre os dez primeiros postos.
Noraboa a todos e todas!
Coloquio con motivo do 25N Organizado polo Concello de Marín
Enviado por Ruth o Xov, 14/11/2024 - 14:00INTERNET, CIBERACOSO E MACHISMO
Trátase dun coloquio entre a creadora de contido e divulgadora feminista Sindy Takanashi e a xornalista e escritora, Diana López.
Será o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
O coloquio pretende poñer o foco en como se producen situacións
constantes de violencia machista en Internet e as redes sociais,
entornos que contan coas súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.
O público asistente poderá participar na segunda parte do coloquio coas súas preguntas.
PLAN DIXITAL 2024
Enviado por josean o Xov, 07/11/2024 - 18:13Charla formativa: "Alzheimer de preto"
Enviado por Ruth o Lun, 04/11/2024 - 13:37Dende o Concello de Marín trasládannos a seguinte información:
Formación sobre Alzheimer e outras demencias: para coidadores/as familiares, persoas con recente diagnóstico e público interesado
Salón de Actos do Museo Manuel Torres - MARIN
Xoves 14 de novembro de 10-14h.
A cargo de:
María Solla, Psicóloga de AFAPO
Lara Argibay, Traballadora social de AFAPO
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO