Abril 2024

Faro Fisterra

Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!

Cal será o próximo...?

 

Listaxe provisional admitidos curso 2024-2025

As solicitudes de admisión presentadas no noso centro para Educación Primaria están todas admitidas.

As solicitudes de admisión presentadas para Educación Infantil hai que consultalas no taboleiro.

Poden ver as listaxes no taboleiro da secretaría do centro cumprindo o seu horario (de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas e de martes a venres de 13:10 a 14:00 horas).

Charlas para familias

O CFR de Pontevedra e o Concello de Marín organizan 2 charlas para as familias interesadas. Contan con servizo de ludoteca gratuíto.

Apadriñamento lector

Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!

 

 

Dádelle o play para coñecer os contos!

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2024-2025

A convocatoria para o curso 2024 - 2025 publicouse o 19 de abril de 2024, e a axuda pódese pedir do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

Discapacidade

Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe

Trastorno do espectro autista

Altas capacidades

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez completado, hai que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo.

Toda a información neste enlace.

 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.