Xullo 2023

FAITE SOCIO DA ANPA AIDÓN

ASÓCIATE! CUBRE O FORMULARIO QUE APARECE MAIS ABAIXO E ESCOLLE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2023-2024

SE NON QUERES ASOCIARTE, CUBRE O FORMULARIO PARA ESCOLLER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, SIN FACER O PAGO DA COTA.

 

XESTIONAMOS:
  1. - Comedor/ Plan madruga.
  2. - Actividades Extraescolares.
  3. - Eventos.
  4. - Traballamos na mellora dos servicios e instalacións.
  5. - Participamos no Consello Escolar.
  6. - Información.
  7. - En definitiva intentamos mellorar o colexio dos/as nosos /as nenos/as.
  8. - Descontos nos comercios do concello de Marín colaboradores coa Anpa.
A ANPA  é unha parte fundamental do funcionamento da escola xa que permite canalizar a intervención das familias no centro, garantir o dereito á información e organizar actividades participativas.
 
Os principais OBXECTIVOS son:
  • TOMA DE DECISIÓNS DEMOCRÁTICA: fomentar a participación de tódolos socios na toma de decisións de forma democrática mediante votacións.
  • TRANSPARENCIA: impulsar a transparencia coa finalidade de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo.
  • COMUNICACIÓN
Agradecemos que nos enviedes todas as vosas propostas (porque sabemos que tedes moitas ideas), consultas (porque ninguén sabe todo) e queixas (porque sabemos que non todo é perfecto).

 

 

10 RAZÓNS PARA PERTENCER A UNHA ANPA:

 

1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.

 

2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.

 

3. Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.

 

4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.

 

5. Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.

 

6. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos... Por quén o faremos?

 

7. Porque se os pais e as nais non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e ser responsables no seu propio futuro.

 

8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.

 

9. Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.

 

10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.

 

 

ÚNETE Á ANPA
 
Todos e todas sodes benvidos á ANPA AIDÓN e animámosvos a asociarvos canto antes, cubrindo este cuestionario.
A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construir a mellor escola posible para os nosos fillos/as.

 

20€ UN ÚNICO PAGO ANUAL POR FAMILIA QUE TEÑA UN FILLO/A.
25€ UN ÚNICO PAGO ANUAL POR FAMILIA QUE TEÑA DOUS OU MAIS FILLOS/AS.
 
 
COMO FACERSE SOCIO?
 
1. COMPLETAR A FICHA a través de Internet, accedendo ao formulario, cubrides a ficha de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1fLXutktxNPVj4Der8aM2AImC2lK7eCrmfSLXnBauVl4/edit?pli=1
 
Ou ben no CEIP Sequelo-Marín (ata o 21/07 ou do 1-11/09), adxuntando o xustificante de pago.
2. REALIZAR O PAGO da cota de 20€ por unidade familiar ou  25€ se son tedes dous ou mais fillos/as.
  • Transferencia á conta bancaria da ANPA en ABANCA (poñendo en Concepto: “Cota ANPA de Nome e apelidos do neno/a, curso e número de teléfono do pai/nai/titor legal”) ES65- 2080-5111-1630- 40- 00- 1830
  • Ingreso nesa mesma conta da ANPA dende a sucursal bancaria. Pódese facer tamén a través do caixeiro automático.
  • Enviar o xustificante do pago da cota do curso ao correo da ANPA: anpa.aidon@nontedurmas.org

PARA CALQUERA DÚBIDA ou ACLARACIÓN poden chamar ao teléfono da Anpa Aidón: 644169914.

 

 

Agradecemos a súa colaboración.

 

 

 

 

 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.