Maio 2023
Clasificación final Torneo Xadrez 3º trimestre 2023
Enviado por xose o Mér, 31/05/2023 - 16:59O último torneo deste curso ofrece a seguinte táboa de gañadores:
RAÚL 5º curso |
10,5 |
DANI 5º curso |
8,5 |
YAGO 5º curso |
8 |
ÁLEX 5º curso |
8 |
ZAID 5º curso |
6 |
MARTÍN C 2º curso |
5,5 |
MARTÍN S 4º curso |
4 |
ROBERTO 4º curso |
4 |
ABEL 6º curso |
3 |
BORJA 4º curso |
2,5 |
MARIO 5º curso |
1,5 |
ROI 5º curso |
0,5 |
En cor figuran os gañadores por ciclos. Raúl gañador absoluto, Martín C gañador do primeiro ciclo e Martín S gañador do segundo ciclo.
Lembrade que estamos invitados a unha xornada de convivencia o domingo 18 de xuño en Ponteareas (Fraga do Rei)
IMPRESORA 3D
Enviado por josean o Xov, 25/05/2023 - 22:55Completamos o proceso de utilización da impresora 3D, os alumnos de 6º deseñan con Tinkercad e exportan a un pendrive en stl.
No ordenador de polos creativos e mediante o Creativity Slicer converten os seus deseños nun Código que o ordenador poida interpretar (SEGMENTACIÓN). Pasan ese código á tarxeta SD da impresora 3D.
Insertan a Tarxeta na Impresora e proceden á Impresión dos seus deseños
O noso Planeta, O Noso Paraíso
Enviado por inesduran o Mar, 23/05/2023 - 21:57Dentro do PDI deste curso " Protexo o meu Planeta, protéxome eu"
deixándonos levar polas emocións e o compromiso,
falamos do encanto da Natureza para poñer en valor
Os compañeiros de 5º cóntannos as súas impresións.
Para poñer en práctica o seu compromiso
visitaron os nosos areais para limpar do lixo as praias .
Fixeron logo un gran mural co que mostrar os residuos que se botan ao mar
e expoñer de forma visual a longa duración de cada un.
Tamén Ana, a mestra en prácticas acompañou ao grupo nesta parte do proxecto.
Por outra banda os compañeiros de 3º tamén fixeron
poñendo en común o aprendido coa documentación sobre
a proteción do Planeta na biblioteca.
Infantil e 1º tamén quérennos animar a protexer o
Os compañeiros de 2º fixeron un vídeo para nos mostraren
o aprendido sobre os contaminantes da Terra e o solo
Entrevista á escritora María Xosé Lamas
Enviado por Menchi o Mar, 23/05/2023 - 21:40Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.
Educación vial
Enviado por josean o Mar, 23/05/2023 - 15:14A educación vial unha parte trascendental nas nosas vidas. Promocionado polo Concello de Marín os alumnos de 5º e 6º, o 18 de Maio disfrutaron dunha xornada de Educación Vial. Amablemente tanto a DXT como a Policía Local, explicaron aos nosos alumnos como comportarse axeitadamente tanto coma peóns como conductores, primeiro mediante unha charla e logo dun xeito máis lúdico mediante un circuito con Karts que previamente se montara no patio.
Tantos os alumnos como os ensinantes desfrutaron dunha actividade que esperemos que teña continuidade por parte do Concello, máis cedo que tarde.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por Belen o Lun, 22/05/2023 - 09:53Estimadas familias:
Dende este luns 22 de maio ata o mércores 21 de xuño poden solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de tres xeitos diferentes:
- Electrónica: na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e posteriormente presentar a solicitude en Sede Electrónica.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprimindo os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro, en horario de 9:05 a 9:50 horas, de luns a venres. Para entregar noutro horario chamar previamente ao 886151325.
- Presencial manual: no noso centro.
Poden recoller a solicitude en horario de 9:00 a 14:00 horas e presentala no horario establecido no apartado anterior.
Aqueles nenos/as que pasen para a ESO presentarana no Instituto onde están admitidos.
Un saúdo, Ana Belén Mata Vidal (secretaria do CEIP Sequelo-Marín)
LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2023 - 01:15O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.
Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"
Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza
O Baúl dos Libros: entrevista a Víctor Rivas
Enviado por josean o Dom, 21/05/2023 - 15:04A visita de Víctor Rivas serviu como excusa perfecta para crear un novo programa que vai xirar ao redor da nosa biblioteca: a lectura, escritura creativa, deseño gráfico....En resumo, o mundo dos libros, un mundo do que as ilustracións de Víctor son parte.
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Ven, 19/05/2023 - 00:00Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou. Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira. Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión. A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.
De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu.
Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.
Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira
Maio da Chave
Embarcación Río Lameira
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »