Xaneiro 2023
Regalámonos o mellor de cada un
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 21:10Todo o mundo ten algo bo e debemos aprender a recoñecelo.
Saber aceptar os eloxios, tamén é importante.
E máis cando nos fan sentir tan ben. Haberá que repetilo.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 20:16Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!
A casa de Kike
Enviado por josean o Xov, 26/01/2023 - 16:07Actividade na que o alumnado domotiza unha casa virtual, colocando distintos dispositivos domóticos no seu sitio correcto nunha presentación de Genially. A información de onde vai cada dispositivo atópase espallada polo aula, e terán que discernir entre a información fiable e a información falsa. Finalmente, participan nun concurso de preguntas en Quizizz sobre información real e falsa do mundo da domótica.
INFANTIL: Brincando no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2023 - 20:33Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!
Primeiros Deseños 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 23:16A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.
Lapis 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 19:26Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear. Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.
Pesadelo na Biblioteca
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 16:14Tras un terremoto, os libros da biblioteca automatizada de Digitaldría desordenaronse. Incluso nalgúns borráronse os seus datos. O alumnado completou os devanditos datos buscando a información na web da biblioteca para logo transformarse nos robots automáticos da mesma coa misión de organizar os libros da forma que corresponda.
Un novo Aguinaldo
Enviado por josean o Ven, 20/01/2023 - 00:02As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.
O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".
A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.
A Noitiña de Nadal
Enviado por josean o Xov, 19/01/2023 - 23:42Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.
Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.
Fútbol para dous xogadores
Enviado por josean o Mar, 17/01/2023 - 16:07Xogo con programación de códigos reelaborado polos alumnos de 5º