Novembro 2022
Papiroflexia con...Luís Lores
Enviado por josean o Mér, 30/11/2022 - 22:48Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.
Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.
Enviado por Miguel o Mér, 30/11/2022 - 20:18Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable e cariñoso nos tres lugares onde estivemos.
FROITOS DO OUTONO
Enviado por Anónimo o Mér, 30/11/2022 - 19:23Concreción Curricular 2022-2023
Enviado por Ruth o Mér, 30/11/2022 - 10:24Experimentamos coas cores
Enviado por Ruth o Dom, 27/11/2022 - 21:48Experimentar colores (Vídeo) de Ruth PT
Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2022 - 21:40Así conmemoramos todos xuntos esta data.
Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.
Teatro " La aventura de aburrirse"
Enviado por Miguel o Mar, 22/11/2022 - 22:16Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron, xunto cos profes dunha fantástica obra de teatro titulada "La aventura de aburrirse" en Afundación-Pontevedra.
Déixovos un resumo desta obra: Rita é unha nena, que a pesares de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar soa. Pero un día na casa da súa avoa, cun simple patiño de goma, empeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes…
E agora siempre quere ir a casa da avoa para aburrirse un ratiño.
Este espectáculo pretende motivar a creatividade dos nenos e nenas, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa.
Magosto 2022
Enviado por Anónimo o Dom, 20/11/2022 - 13:27O pasado día 11 de novembro, celebramos o tradicional Magosto no CEIP Sequelo.
O día presentouse estupendo, facendo honra ao tradicional "veranillo de San Martiño", houbo xogos tradicionais e castañas a fartar.
Mentras os nenos e nenas xogaban cos mestres, a ANPA Aidón ocupouse de asar as castañas.
Por certo o xogo do "trompo", resultou todo un éxito; a ver se o recuperamos e como di o refrán volvemos a ver "polo San Martiño trompos ao camiño".
Que máis se pode pedir!!! Qué ben o pasamos!!!
Belén de tapóns de cortiza
Enviado por inesduran o Dom, 13/11/2022 - 18:18
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
trataremos de facer para o Nadal
Pastorciños, os Reis Magos. anxeliños...
ÁNIMO
SODES GRANDES ARTISTAS
Estas son as figuriñas de Mateo e de Sara de 1º
Sara de 1º e Mateo de 1º
Álvaro de 4º móstranos o seu reno
Leire de 3º fixo pastorciños e ovellas.
Aldán de Infantil e os seus camelos.
Enzo de Infantil animouse con Xesús, María e Xosé,
mula e boi incluídos.
Mateo de 4º
Adriana de 3º
Camila, Leire...
fixo pastorciños, ovellas e ata un anxo.
Olivia de Infantil
GRANDES ARTISTAS
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »