Xullo 2022
Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado
Enviado por Anónimo o Ven, 15/07/2022 - 12:16Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.
Graduación alumnado 6º curso
Enviado por Anónimo o Mér, 13/07/2022 - 23:00Aínda que cun pouco de retraso, deixámosvos este vídeo de recordo da graduación e despedida do alumnado de sexto curso, que rematou a etapa de Educación Primaria, neste curso 2021-2022.
Noraboa!!!
Moita sorte na nova etapa que comezades
Os 7 Camiños
Enviado por josean o Lun, 11/07/2022 - 23:06Saímos a andar os 7 camiños do Monte Pornedo, e todo isto e moito máis foi o que conseguimos captar coas tablets que levamos. A partir do material audiovisual que obtivemos ese día, e coa investigación previa que levamos a cabo, realizamos este video-documental, que esperemos sexa o primeiro de moitos.
Circuitos en serie e en paralelo
Enviado por josean o Sáb, 09/07/2022 - 16:34Que sabemos dos circuitos en serie e dos circuitos en paralelo?
Pois de primeiras aprendimos a montalos, cales son os compoñentes necesarios para montar un circuito e que se nos paralelos se che funde unha bombilla (cousa que non pasou) a outra seguiría funcionando como se nada o que non sucede se as colocamos en serie.
Todos funcionaron.
Aviso do Centro
Enviado por Belen o Mar, 05/07/2022 - 13:06O luns 11, martes 12 e venres 15 o centro permanecerá pechado por formación do novo equipo directivo, en Santiago de Compostela.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden escribir ao seguinte email: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Desculpen as molestias.
Case nos pillan
Enviado por josean o Lun, 04/07/2022 - 20:58A partir desta historieta "muda", puxeron titulo, diálogos e cor, co GIMP. Hai quen di que neste de Noa, as personaxes eran mesmamente da aula de 5º.
Piskel
Enviado por josean o Dom, 03/07/2022 - 16:19Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol
LUIS
AMIR
UXÍA
NOA
HUMBLE