Xuño 2022
4º primaria
Enviado por Menchi o Lun, 27/06/2022 - 10:43Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!
III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022. Clasificación Final.
Enviado por xose o Xov, 23/06/2022 - 13:26Rematou o terceiro e último campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 13 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:
En 6º curso: 1º Marcos, con 36 puntos 2º Manuel, con 9 puntos 3º Mateo, con 4 puntos |
Ex alumnos: 1º. Breixo, 6 puntos
|
Profesores: 1º. Xosé 27 puntos |
|
Feliz verán e seguimos no vindeiro curso!!
Móvete+
Enviado por josean o Mér, 22/06/2022 - 22:18Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén
.
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.
Ruta de sendeirismo polo monte Pituco- Voz Natura
Enviado por Belen o Dom, 19/06/2022 - 20:41A semana pasada fixemos unha ruta de sendeirismo polo monte Pituco. Poidemos ver os petróglifos, o mirador, a vexetación típica dos montes e algúns animais e bichos.
Aquí tedes un pequeno vídeo:
Os Peregrinos do CEP Sequelo
Enviado por inesduran o Sáb, 18/06/2022 - 16:45Camiño Portugués
Para rematar o proxecto EduKasano,
fixemos o pasado venres un acto final
animando os últimos días de curso
con cantigas, poemas e música
relacionadas co Camiño de Santiago.
Peregrinos de 3º vestidos con capa e sombreiro feito por eles e
acompañados pola profe Belén, tamén de peregrina medieval.
Os compañeiros de 6º fixeron unha rima en Inglés
acompañada con xestos :
"We are the pilgrims"
Os compañeiros de 5º entoando unha cantiga,
" Pasodobre de Porriño a Redondela"
Por último cantamos o himno do peregrino de Santiago máis antigo,
"Dum Pater Familias"
Animádevos a coñecer en familia
os fermosos rincóns do Camiño Portugués
que cruzan Galicia,
cidades cheas de historia estudiadas nas clases
e que agora os nosos nenos
gustarían de visitar.
Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2022 - 15:40Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela.
Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.