Outubro 2020
O Samaín en terceiro
Enviado por Menchi o Sáb, 31/10/2020 - 19:24Chega a noite máis terrorífica do ano e os nenos de terceiro andan contando historias de medo, non vos perdades o seu conto e o recopilatorio das súas fotos. Feliz Samaín!!!
Os cogomelos de Mael
Enviado por xose o Ven, 30/10/2020 - 14:34O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.
Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.
Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles. Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.
Samaín e Magosto 2020: unidades didácticas dos equipos de ENDL
Enviado por xose o Ven, 30/10/2020 - 13:58"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020
Enviado por Anónimo o Dom, 25/10/2020 - 14:34Neste tableiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo.
Calendario escolar 2020-2021
Enviado por xose o Mar, 20/10/2020 - 20:51Días lectivos: do 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021.
Periodos de vacacións:1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive
Outros días non lectivos: 2 de novembro, 7 de decembro (Día do ensino), e 18 de maio.
Programa ARCO
Enviado por xose o Mar, 20/10/2020 - 14:09No curso 2020-2021 participamos no programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional, e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).
Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, con horario a media xornada, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 15 alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria, en horario lectivo e dentro das aulas ordinarias.
Máis información sobre o programa.
Que aprendimos dos musgos? (6º)
Enviado por josean o Mar, 20/10/2020 - 07:40Comezamos a traballar sobre o mundo vexetal, dende a súa unidade funcional máis pequena, a célula, e xurdiunos a dúbida de que eran os musgos. Coa dúbida non íamos quedar.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »