Xuño 2020
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO DE 1º E NOVA INCORPORACIÓN
Enviado por Anónimo o Lun, 29/06/2020 - 10:44Prazo formalización matrícula: Do 1 ao 10 de xullo.
Documentación a aportar:
- Impreso formalización matrícula
- 2 fotos tamaño carnet
- Fotocopia do Libro de Familia
Horario Secretaría: De 10 a 13 horas.
LIBRO DE 1º 2019/2020
Enviado por Anónimo o Xov, 25/06/2020 - 22:17Este libro pretende ser un resume do ano escolar que vén de rematar. Pensei que vos gustaría ter un recordo deste atípico curso, marcado polo confinamento. Está feito con imaxes e vídeos, sobre todo, pero tamén con textos e algún audio. Gran parte do contido corresponde ás fotos e aos vídeos que mandastes dende a casa. Foi feito en modo colaborativo; nel colaboraron os alumnos, os pais e nais, as mestras de Música, E. Física, Inglés, PT, Relixión Católica e o mestre titor. Espero que vos guste. FELICES VACACIÓNS!
Despedida 3º primaria
Enviado por Anónimo o Xov, 25/06/2020 - 10:35E de repente... chegamos ao final!! Un ano atípico para recordar e do que aprender. Aprender sobre todo a valorar o que temos ao noso arredor e coidalo!! Eu recordareivos a todas e todos! O 2020, levarame á clase de Sequelo de terceiro, a Marín!! Gracias por todo!! Disfrutade moito do verán!! Moitas apertas e mil bicos para todas e todos!!
Graduación curso 2019-2020
Enviado por inesduran o Xov, 25/06/2020 - 00:57Graduación alumnos de 6º
Despois dunha etapa de Primaria
chea de momentos de esforzo, de xogos, risas e ...
Chegou o merecidísimo recoñecemento e descanso.
"PARABÉNS"
Aínda coa mascarilla posta
estaban guapísimos.
Despedida de 4º de primaria
Enviado por Menchi o Mér, 24/06/2020 - 20:43Chegamos ao final e soamente queda facer as recomendacións do verán: como cada curso recomendamos que repasen un pouco no verán xa sexa cun caderno de vacacións ou como fixemos nos últimos meses mediante fichas interactivas, as profesoras non imos recomendar ningún caderno específico o que si recomendamos e que descarguedes unha aplicación do tipo de mecanet para aprender a escribir co teclado empregando tódolos dedos, non debedes estar máis de dez a quince minutos ao día, pero tedes que traballalo tódolos días; trátase de que cando cheguedes a 5º curso saibades escribir ben co teclado porque ides traballar co libro dixital e saber escribir ben co teclado facilitavos o traballo. As profesoras queremos agradecervos a vosa colaboración e dexesarvos un feliz verán. Deixámosvos os videos de despedida dos nenos.
FELIZ VERÁN!!!!
O mundo do mar: as embarcacións tradicionais e os peixes
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 20:27Algún alumno houbo que máis aló da súa presentación sobre o mundo do mar levou a cabo tamén un video contándonos de viva voz dende a súa casa, todo o que descubrira dun mundo, ao mesmo tempo tan cercano e tan afastado de nós.
Roberto Armada Aneiros
Martín Barreiro Touza
O mundo do mar
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 19:10"O mundo do mar" foi resultado da investigación que os alumnos de 5º levaron a cabo dentro do Proxecto do Porto, para entender mellor a realidade mariñeira dos nosos portos.
Os burriños e o porco: Contos da Tradición Oral (XII)
Enviado por josean o Lun, 22/06/2020 - 16:55Outro deses cosos cunha estructura que se espalla fortemente por Europa e que en distintas versións aparece nos distintos libros de contos que se foron editando ao longo do vello continente. Pero esta versíón ten unhas características moi especiais, pois foi recollido na nosa vila pola doutora en Filoloxía Galega Camiño Noia e por outra parte non hai persoa de idade na vila que non coñeza o retrouso final do conto e o utilice nunha conversa a xeito de refrán ou de moral.
Os burriños e o porco contado de xeito espléndido por Breixo Sanjorge Boullosa
O ganso do Nilo
Enviado por josean o Dom, 21/06/2020 - 11:34Outra das especies invasoras en Galicia e moi de moda nas noticias neste momento. A cousa foi creación de Xoel Sequeiros e Breixo Vidal.
Cando apareza o gardabosques co seu arco de bolas asustagansos dispáraas premendo a tecla x, para que o ganso se marche de Marín.