Febreiro 2020
Taller de Robótica
Enviado por josean o Mar, 25/02/2020 - 00:00Xa hai un par de semanas que dende os cursos máis pequenos ata os máis grandes se apuntaron a traballar nos recreos cos robots e como había mestres dispostos, nos recreos na Aula que estamos preparando para os nosos robots os alumnos empezaron a traballar e esperamos que continuen e resolvan os retos que lles imos propor.
Por se algún inda non se enterou deixámosvos tamén os horarios
Entroido 2020: "XVI Obradoiro da Filloa"
Enviado por Anónimo o Lun, 24/02/2020 - 21:23Deixámosvos un resumo de todas as actividades que fixemos este Entroido para celebrar o "XVI Obradoiro da Filloa".
O xogo da bola
Enviado por josean o Dom, 23/02/2020 - 00:00Move o cursor para xogar coa bola, outro dos xogos clásicos transformados polos alumnos de 5º B
O entroido chega a 4º
Enviado por Menchi o Ven, 21/02/2020 - 11:25Chega o entroido con ganas de festa. Os nenos de 4ºB fixemos un photocall que esperamos vos guste, pero antes tivemos que probalo; tamén fixemos un poema, un mural e uns banderins para adornar o corredor. Pasádeo ben no entroido e moitos risas.
Entroido 2020
Enviado por inesduran o Xov, 20/02/2020 - 22:50Entroido 2020
Festival de Entroido, Concurso e Degustación de postres.
Chegou o Entroido no CEP SEQUELO
Aquí tendes algúns primeiros planos dos sorrisos deste Entroido
O xogo do globo
Enviado por josean o Xov, 20/02/2020 - 00:00Chega aos 15 puntos, premendo enriba do globo. Irene e Candela de 5º B transformaron este coñecido xogo
XVI Obradoiro da Filloa
Enviado por Anónimo o Mér, 19/02/2020 - 22:38Un ano máis agardámosvos no "Obradoiro da Filloa", non faltedes á cita o día 20 ás 16:30.
Carreira escolar de Campo a través- 3º curso
Enviado por Belen o Mér, 19/02/2020 - 14:28O pasado xoves 23 de xaneiro, os "atletas" do 3º curso foron á carreira de Campo a través, a Portas. Correron por cursos, había mais de 10 colexios, e resultaron ganadoras Noa (1ª ) e Valeria (2ª) !
Correron moi ben e Uxía demostrou o valor da amizade coa súa amiga Aitana, que caeu e axudoulle a levantarse, mentras os demais lle pasaban por diante! Eso sí, que é ser unha boa amiga! Esperemos que sirva de exemplo para todos e todas!
Noraboa campionas!!
Deixo o enlace para que vexades as imaxes da carreira.
Entrevista á teacher da EEI Nosa Señora do Carme
Enviado por josean o Mar, 18/02/2020 - 18:27Hai uns días visitáronnos os pequeniños das escolas infantís de Marín. Moitos dos nosos alumnos foron antes alumnos seus e gardan bos recordos do seu paso por aqueles centros e dos seus mestres; o mesmo que esperamos que teñan de nós cando nos deixen.
Sabedes aquilo de que o bo se breve, dúas veces bo; pois esta entrevista que se guisaron soíños os exalumnos do Nosa Señora do Carme, non só cumpre o dito senón que o amplifica (tres, catro, dez veces bo). Os nenos magníficos e a teacher non defraudou, uns artistas todos.
Especies de ría (videodocumentais)
Enviado por josean o Mar, 18/02/2020 - 16:36Comezamos a editar en vídeo.
Dentro do proxecto do porto no que estamos mergullados este ano, os nenos aproveitaron varios vídeos que circulaban por Youtube para darlle "nova vida": crearon uns pequenos guións que explicaran as distintas especies animais e vexetais que viven na nosa ría, axeitárono aos tempos dos vídeos, buscaron músicas de fondo Creative Commons, grabaron os guións na radio e por último no momento da edición mesturaron todo con AVS Video Editor. O resultado son estas curtas que representan un principio no traballo coa linguaxe cinematográfica.
1. A Canilonga
2. Os Mexillóns
Os vídeos elixidos son de alta definición, 720p ou 1080p. Elixide esa definición na configuración de Vimeo
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »