Xaneiro 2020
Educación Física para a Paz
Enviado por Belen o Xov, 30/01/2020 - 20:53Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.
Deixamos algunhas imaxes.
Personaxes animadas
Enviado por josean o Xov, 30/01/2020 - 19:00Se premes nas personaxes verás que cousas máis divertidas fan. Animacións que realizaron alumnos de 5º A
Día da Paz 2020
Enviado por inesduran o Xov, 30/01/2020 - 18:21Día da Paz
Na clase de Relixión traballamos
pola PAZ
SEMANA DA FROITA FRESCA
Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2020 - 02:39Aos de 1º encántanos a froita. Hoxe tocou plátano, mañá tocará amorodo. Que ricos! A froita debe formar parte da nosa dieta diaria.
PILABOT. UN CONCURSO PARA RECICLAR PILAS
Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2020 - 02:26Esta semana encetou o concurso PILABOT. Trátase de recoller moitas pilas usadas. O colexio que máis xunte...P R E M I O ! As pilas teñen materiais moi contaminantes que fan necesario un tratamento diferenciado dos demais residuos. NON tires pilas no contedor do papel ou do plástico. Só se poden botar nos contedores de pilas.
Nos primeiros días está tendo máis éxito do agardado.
Espazo Verde
Enviado por josean o Mér, 29/01/2020 - 23:03Aproveitando o periódico en Galego Nos, seleccionamos todas aquelas novas que tiñan relación con medio ambiente e fixemos estes dous primeiros episodios do programa da Radio Sequelo que tódalas semanas vos vai falar do medio e o seu coidado
Episodio 1:
Episodio 2:
FROITA NO RECREO!
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 19:05Durante esta semana e a próxima teremos froita no recreo!
De todos e todas é sabido que nos aportan auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo. Cada vez é menos frecuente ver aos nenos e nenas merendar froita nos recreos!
As quendas son:
Luns: pera.
Martes: mazá.
Mércores: plátano.
Xoves: fresa ou froitos vermellos.
Venres: mandarina.
Grazas á axuda do FOGGA e Froitas Moncho que a reparte.
Carreira de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 18:56Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).
Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.
Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.
APADRIÑAMOS UN PINGÜÍN
Enviado por josean o Mar, 28/01/2020 - 18:05Os nenos de 5ºB apadriñamos un pingüín, chamábase Sequeliño aínda que era gordiño. Para apadriñar un pingüín hai que entrar en www.ejercito.mde.es facer clic en “Unidades”, e por ultimo facer clic en campaña ártica. O mensaxe chega ao día seguinte, ás veces, o mesmo día.
Con estas campañas de apadriñamento dos pingüíns perseguimos comprometernos co medio ambiente, facendo un lugar mellor.
Teatro en inglés "Unboxing Alice", 5º e 6º cursos
Enviado por Anónimo o Lun, 27/01/2020 - 20:30Last Wednesday, on January 22nd, we went to watch the play "Unboxing Alice".
It has been a long time since Alice visited Wonderland for the last time. Tweedle Dee and Twee Dum get on the car of new technologies and in their role of influencers they decide to create their own "Wonderland video platform": The Tweedletube!
We had a great time!!!