Febreiro 2019

Mañá de actividades extraescolares en Afundación. Primeiro e segundo cursos.

O pasado martes o alumnado de primeiro e segundo asistimos a varias actividades extraescolares levadas a cabo por Afundación. A primeira delas foi un concerto didáctico a cargo de Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas?", no que a través da música amosábase a riqueza e a importancia da alimentación e da cociña. Despois de facer un pequeno descanso para merendar, asistimos a un "Obradoiro de Entroido" no que nos contaron varias historias sobre o loro Ravachol, protagonista do Entroido de Pontevedra, e tamén fixemos máscaras. 

A tripulación do Lameira XIX

Nesta galería fotográfica mostrase aos nenos de 3º B na realización do proxecto sobre o espacio. Vémonos na terra.

Investigación Espacial

Na investigación espacial temos que coñecer os personaxes  e teorías máis importantes que fixeron posible as viaxes espaciais; desde Galileo Galilei ata Stephen Hawking, as súas teorías fixeron posible as viaxes de Yuri Gagarin, Neil Armstrong ou Valentina Tereshkova. Nesta viaxe Lucia Couso e Iván Gomis seran os nosos guías

A Lúa

Nesta expedición imos coñecer un pouco mellor a lúa, as súas fases e os eclipses. Os astronautas neste caso son: Iván Suárez, Lucía Barreiro e Naiara.

Corpos Celestes

Nesta terceira expedición imos investigar sobre os corpos celestes: estrelas, constelacións, cometas, asteroides e buratos negros. Os exploradores nesta ocasión foron: Pablo, Estrella, Carlota, Yésika e Miguel.

Aprendices de Arqueoloxía

Noticia publicada no FARO DE VIGO

Dámos a noraboa a Manuel, de 3º, pois grazas á súa iniciativa de remitir unha carta ao Concello con información das súas pesquisas arqueolóxicas, fomos invitados a ver un día o traballo que se fai nas excavacións arqueolóxicas de Marín.

Aqui podemos ler a carta que Manuel redactou e enviou ao concelleiro de Urbanismo:

E nesta fotografía podemos ver a Manuel moi entusiasmado sostendo nas súas mans a contestación por escrito do propio concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos.

Os Planetas

Nesta segunda expedición do Lameira XIX os nenos de terceiro fomos coñecer os planetas do noso sistema solar. Os tripulantes foron: Aitor, Noelia, Emma, Xián, Pedro, Tiago, Marcos e Diego. Xa veredes que aprendemos cousas moi interesantes destes planetas.

A Galaxia

Os nenos de terceiro fomos ao espacio a exlorar. Nesta primeira aventura a nosa nave  "O Lameira XIX" percorreu a galaxia, o sistema solar, o sol, a vía lactea e os buratos negros. A tripulación desta primeira misión espacial está formada por: Mario, Rocío, Daniel, Mateo e Miguel.

Día de Rosalía, 24 de febreiro

Como xa sabedes o día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro; como a data cae en domingo nós realizaremos diversas actividades na semana seguinte. Para aprender algo máis sobre ela, deixamos esta imaxe interactiva con diversa información.

COMPOSTAXE COS PEQUENOS

O día 15, os nenos de 6º, fomos explicarlles a 2º, 3º e 4º como funcionaba o composteiro do colexio. Pasámonos polas súas clases e levámolos fóra para amosarlles o composteiro e o aireador, que é un aparato que serve para facer buracos no compost para que os vermes respiren e non se morran. Nos traballos ensinámoslles o que se podía botar (peles de froitos, cascas...) e o que non (plásticos, latas...), o cubo azul que contiña follas e paus para botar no interior do composteiro e así axudar aos vermes a compostar as peles e o demais.

 

 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.