Xaneiro 2019
"Un río de Paz". Día da Paz 2019
Enviado por Anónimo o Xov, 31/01/2019 - 21:32El tesoro escondido. Parábola.
Enviado por inesduran o Xov, 31/01/2019 - 18:47
POR UN MUNDO DE PAZ
VALE LA PENA ARRIESGAR
Os animais do Lameira
Enviado por Menchi o Mér, 30/01/2019 - 22:30Ola! Hoxe imos explicaros os animais que viven no río Lameira e as súas características. Eu son Mario e os vou a falar da clasificación. Eu son Xián e os falarei de animais en perigo de extinción. Eu son Estrella e os vou a falar de animais invasores.
Redacción: Carlota, Mario, Estrella e Xian
Paz por un mundo mellor
Enviado por inesduran o Mér, 30/01/2019 - 18:33SI POR SABER ESCOITAR
SI SEN TER QUE PELEXAR
SI POR UN MUNDO MELLOR
SI POR UN RÍO DE PAZ
Liga LEGO Jr. 2018-2019 (6)
Enviado por xose o Lun, 28/01/2019 - 18:52Temos noticia importante! O vindeiro sábado, día 16 de febreiro, teremos a presentación dos proxectos no Auditorio de Ferrol. Así que toca correr!
Hoxe comezamos deseñando o proxecto para a maqueta da base lunar. Que temos que poñer? Pois as seguintes cousas:
- A nave espacial e o sistema de recollida dos contedores.
- Unha fábrica de enerxía
- Algún aparato para obter auga e para obter osíxeno.
- Un invernadoiro para producir alimentos
- Unha antena parabólica para enviar e recibir mensaxes da Terra,
- Algún vehículo motorizado para poder movernos pola lúa,...
- E algo máis que se nos poida ocurrir...
Bosquexo da maqueta da base lunar
Así que fixemos dous grupos e o primeiro púxose a construír a maqueta. O segundo grupo construíu un robot lunar capaz de desprazar os nosos contedores.
Construción da maqueta da base lunar
Construción do vehículo especial transportador de mercancías
Para a vindeira semana seguiremos construíndo a maqueta e comezaremos deseñando o panel informativo.
Quedáronnos por contestar algunhas preguntas:
1. Como se alimentan os astronautas? Ver información ben explicada no enlace http://www.granadadigital.es/astronautas-y-comida-como-cocinar-en-el-espacio/
2. Cantos kilos de mercancías levaremos na nosa nave?
- Para comer:
- Para obter electricidade:
- Para obter auga:
- Para obter osíxeno:
- Para entreternos no tempo libre:
- Para construír a nosa base:
Para acabar temos dous vídeos que explican como se pode conseguir osíxeno a partir de auga!
https://www.youtube.com/watch?v=d9YiX5dY86Y
Evita ao can
Enviado por josean o Ven, 25/01/2019 - 18:45Un dos primeiros xogos de producción propia baseado nun clásico, desenvolvido por Samuel de la Torre Corbacho de 6º. Ollo, que non é doado; coa tecla espazo fai saltar ao can por riba do gato.
Liga LEGO Jr. 2018-2019 (5)
Enviado por xose o Lun, 21/01/2019 - 20:01Hoxe Breixo Sanjorge tróuxonos a famosa nave "Falcón milenario" de Star Wars e amosounos as súas "tripas". Como mola!
Tivemos con nós unha persoa invitada, Lara, que se animou a participar no noso proxecto.
Na 5ª sesión de traballo contestamos ás preguntas da sesión anterior:
1. Que é a lei da gravidade? É a forza coa que nos atrae un corpo celeste, e depende da súa masa (cantidade de materia) e da distancia á que nos atopemos del. Un corpo celeste moi grande, como o Sol ou a Terra, atraen con moita forza, mentres que un pequeno, como a Lúa, atraen con pouca forza.
2. Canto pesaría cada un de nós na Lúa? Máis ou menos que na Terra? Por qué? Chegamos á conclusión de que na Lúa pesaremos 6 veces menos que na Terra, pois a Lúa é moito máis pequena. Se na Terra eu peso 30 Kg, na Lúa pesarei só 5!
3. Con cantas toneladas de material pode cargar unha nave espacial para saír da atmósfera terrestre? Pois a verdade é que non moito. As naves para saír da atmosfera terrestre necesitan moitísimo combustible, varios centos de toneladas, e polo tanto canto menos peso leven a maiores, moito mellor, como moito unha tonelada.
4. Ao chegar á Lúa poderemos sobrevivir grazas aos nosos traxes, pero tamén necesitaremos un lugar onde refuxiarnos... como te imaxinas que pode ser? Podemos construír un invernadeiro con impresora 3D, dun material que resista o frío e o calor, mellor que sexa transparente para deixar pasar a luz e poder ter prantas. Tamén poderiamos refuxiarnos nunha cova, igual nos abriga máis, pero necesitamos moita enerxía para a luz.
Hoxe traballamos cos temas 5 e 6, construíndo aparellos cos que utilizar a enerxía conseguida, pinzas robóticas para agarrar obxectos, e unha alarma.
Na seguinte sesión deseñaremos os últimos aparellos tecnolóxicos para resolver problemas diversos que poidamos ter, e a proposta vai ser construír un robot lunar e algún outro que se nos ocurra.
E imos pensando no deseño da nosa maqueta, que escenario e que robots construímos!
Teatro en inglés "Tarzán"
Enviado por Anónimo o Sáb, 19/01/2019 - 21:41O pasado día 16 o alumnado de 5º e 6º asistiu no auditorio de Afundación, a unha representación teatral en inglés titulada "Tarzán" levada a cabo pola compañía teatral "Face2Face"; na que ademais do coñecemento da lingua inglesa puidemos apreciar valores como a superación persoal, o traballo en equipo, os sentimentos.
Inspirada nas novelas de Edgar Rice Burroughs, esta aventura cómica levounos a sentir coma nun safari.
Marcha Radetzky en percusión corporal
Enviado por xose o Mér, 16/01/2019 - 23:13Para celebrar o do Día da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro, temos preparada unha canción e acordamos acompañala da coreografía que nos propón o vídeo que segue. Así que ánimo a todos e todas, e a practicar!
O sistema solar
Enviado por xose o Mér, 16/01/2019 - 23:06A nosa galaxia chámase Vía Láctea e nós, concretamente, atopámonos no sistema solar. Os rapaces e rapazas de terceiro xa o saben e trouxeron diversas maquetas para facer as explicacións na clase. Seguimos a afondar no universo!