Outubro 2018
Visita ao museo de Pontevedra
Enviado por Anónimo o Lun, 29/10/2018 - 12:23Visita ao Museo de Pontevedra
O pasado xoves, 25 de outubro os rapaces e rapazas de 6º fomos visitar o museo de Pontevedra.
Como chegamos cedo, realizamos un pequeno percorrido por algunhas das súas prazas: A Pedreira, a da Leña, a da Verdura e a da Ferrería; tamén contemplamos por fóra algunhas das igrexas: San Bartolomeu, A Peregrina e San Francisco.
Logo fomos para o museo onde varios monitores nos estaban a esperar. A nós, os de 6º A correspondéronnos Rubén e Agustín. Visitamos catro seccións: sala de pintores galegos do século XIX e XX, como Ovidio Murguía e Fernando Álvarez de Sotomayor,; sala de Manuel Quiroga, famoso violinista pontevedrés; sala de Castelao, sala de cerámica de Sargadelos e sala da prehistoria.
Foi unha visita moi interesante!!!
Samaín na Biblioteca. Que medo!!!
Enviado por Anónimo o Mér, 24/10/2018 - 21:35As abellas e os seus inimigos
Enviado por Anónimo o Mér, 24/10/2018 - 20:58O pasado martes, 23 de outubro, o noso orientador, Xosé, que tamén é apicultor, deunos unha charla, aos rapaces e rapazas de 6º, sobre as abellas e os seus inimigos. Falounos das súas características, a súa organización, os seus beneficios coma a polinización e todos os productos que nos proporcionan: mel, pole, propoleo, xalea real, cera...
Mostrounos colmeas antigas feitas de cortiza e todos os trebellos que empregan os apicultores, asi coma o traxe.
Por último, informounos sobre os seus depredadores: ácaros e... a máis perigosa a avespa velutina! En Galicia é unha auténtica praga. Ensinounos distintos métodos de loitar contra elas: raqueta de badminton, arpas, dardos con insecticidas e a máis coñecida, a botella rechea dun líquido atractivo para elas.
Orientounos en como fabricalas e indicounos a fómula máis económica para o líquido: 1 litro de auga, un vaso de azucre e un pouco de levadura de panadeiro. Pediu 5 voluntarios que tivesen finca para colocar as trampas, aos que lles repartiu o necesario para elaborar o "zume". O próximo luns comprobaremos os resultados. A ver quen atrapou máis velutinas!!!
Cambia o Mundo cun xesto...
Enviado por inesduran o Mar, 23/10/2018 - 22:24CAMBIA O MUNDO
DOMUND 2018
RESUMO DA XORNADA DO
DOMUND 2018
|
|||||||||||||||||||
MUCHAS GRACIAS | |||||||||||||||||||
AS PALMEIRAS
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 18:50Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas: reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....
S.O.S. PALMEIRAS EN PERIGO
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 09:31COMEZAMOS O CURSO CON HUMOR
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 08:16Unha forma diferente de empezar o curso, botándolle humor á cousa.
Xadrez no Sequelo
Enviado por xose o Xov, 18/10/2018 - 15:55Hoxe xogamos ao xadrez. Foi na hora do recreo. Viñeron Miguel e Víctor, dous monitores do Club de Xadrez de Marín xogar unhas partidas simultáneas, e axudounos o profe Xosé.
Puxemos 15 mesas e taboleiros no patio. Fomos xogar dous nenos/as de cada aula e algúns xogadores de axudantes. Escollemos aos seguintes, que xa saben xogar algo:
1º curso: Raúl e Roi, e axudante Gabriel
2º curso: Antón e Abel, e de axudantes Marcos e Aylen.
3º A: Manuel e Dani / Marcos, Pablo e José Antonio.
3º B: Iván e Pablo / Yesika e Xián.
4º A: Breixo e Gonzalo / Marcela e Rodrigo.
4º B: Breixo e Dani / Roi, Xoel, Sara, Roberto, Rubén e Breixo.
5º A: Darío e Diego / Bryan, Pablo, Noel e Xan.
5º B: Álex e Óscar / Yago e Ángel.
6º A: Nicole e Anás / Fabio, Brais, Gael e Martín.
6º B: Adrián e Marta / Miriam e Pedro.
As partidas estiveron moi disputadas, nalgunhas ganaron os profes e noutras ganamos nós. E como o tempo do recreo non nos chegou aínda botamos media hora máis. Pasámolo moi ben!
XA ESTAMOS EN CUARTO!
Enviado por Anónimo o Xov, 18/10/2018 - 12:17(Equipo de redacción: Breixo S., Breixo V., Roi e Roberto)
Estamos en cuarto de primaria, isto xa é máis difícil. Fixemos xa tres exames. Temos unha compañeira nova, Maroua, e marchou un neno chamado Alejandro.
Temos tres profesores novos; o de educación física, Agustín, o de inglés, Ramón, e o de plástica, Jorge. Todos son moi bos.
Agustín díxonos que os que queiramos, podemos ir a Xogade, que é un concurso entre colexios que ten estas probas ás que te podes apuntar:
-Fútbol sala.
-Campo través, que é correr por un monte.
-Atletismo, que é salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de pesas...
Roi vai ir a campo través e a fútbol sala, Breixo Sanjorge vai ir ao mesmo, Roberto só a fútbol sala e Breixo Vidal a campo través e a fútbol sala.
En clase fixemos moitos textos, e algúns foron anécdotas. Aquí temos a de Roberto:
"Estaba na aldea cando escoitei barullo. Saín da cociña onde estaba comendo para ver. Cando saín un can meu, chamado Tití entrou pola ventá e comeu o meu filete. Cando entrei dinme conta de que Tití comera o filete."
A Billarda
Enviado por Menchi o Xov, 11/10/2018 - 21:08Hoxe visitounos o Club Garaboto para ensinarnos xogos tradicionais. Os alumnos de 5º fixemos actividades de billarda e chave.
A chave consiste en lanzar un disco metalico e un pouco pesado, contra unha chave que esta levantada no chan.
A billarda consiste en intentar elevar un pao con outro mais grande e lanzalo o mais lonxe posible.
A min gustoume moito a billarda; a chave non tanto, en xeral pareceume moi divertido.
Redacción: Uxía Santiago Gonzalez