Xuño 2018

O Mbot feliz

Traballo de Raúl González Moldes que tentaremos de levar a unha curta o ano que vén

 

Xuntanza centros de Marín

O pasado 20 de xuño os centros de Marín : IES Mestre Landín, CEIP Carballal e CEP Sequelo reunironse na alameda para coñecer os proyectos de robótica  levados a cabo nos respectivos centros.Os alumnos de 4ºA do Sequelo presentaron o seu proxecto de robótica basado no proxecto transversal do río Lameira..

Relación libros de texto Curso 2018-19

No arquivo adxunto tamén está a relación dos libros de texto para o vindeiro curso 2018-19.

 

 

II Premio no Concurso de Scratch

Non puido ser pero estamos moi contentos co segundo posto no III Concurso do "Aprende programando" cun dos nosos grupos disque "LOS LODAZALES". Foron as nenas as que levaron o mando dun proxecto sobre a catedral de Santiago realizado coa linguaxe de programación Scratch. A asociación de centros públicos de Marín para un proxecto común non fixo outra cousa que enriquecernos a todos; o ano pasado foron os do IES Mestre Landín, este ano nós, o CEP Sequelo segundos en primaria e non me cabe dúbida que o ano que vén serán os compañeiros do CEIP Carballal.

Parabéns para os compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero (Coruña) que tan bo proxecto presentaron.

Revista escolar "Falares d@s nen@s" curso 2017-2018

A última semana do curso entregamos un exemplar da nosa revista a cada un dos alumnos/as do colexio. Nas súas 40 páxinas recollemos traballos do alumnado, excursións, e todo tipo de actividades levadas a cabo durante o curso. Unha felicitación ao seu consello de redacción, integrado por Álvaro, Ángela, Assia, Bryan, Miriam e Uxía.

Festival fin de curso

Resumo do festival fin de curso, no que houbo actuacións de diversos tipos, entrega de premios e entrega de orlas ao alumnado de 6º que nos deixa este curso.

Proxecto Robótica de 6º

Unha placa arduino e un sensor led foron dabondo para crear este proxecto, onde no Led aparecía un peixe animado que lanzaba unha mensaxe de proteccion dos mares

Concurso de Eulerías do Mestre Landín

Noelia Iglesias Rodríguez de 6º curso foi a gañadora do concurso de Eulerías da Semana Matemática que cada ano convoca o IES Mestre Landín na categoría de primaria. 

En que consistía?

Pois en facer oracións o máis longas posibles a partir do famoso número "e" que descubriu o matemático suizo Euler. O número "e" é igual a 2,71828182845904.... Hai que facer oracións onde cada palabra teña tantas letras como indican cada unha das cifras do número.

Excursión de Arzúa 5º

O día 15 de xuño os alumnos de 5º foron de excursión ao Enredo do Abelleiro, onde fixeron tres talleres: apicultores, elaboración de mel e confección de velas. Os nenos quedaron a merendar, a comer e compraron moitas cousas derivadas do mel (xabón, cremas, etc...). Pola tarde foron visitar unha fervenza e un muíño.

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.