Maio 2018
O Mundo quere poesía
Enviado por josean o Xov, 31/05/2018 - 21:44"O Mundo quere Poesía" é un pequeno resumo do traballo realizado nestes dous últimos anos nas aulas de 6º no eido da escrita creativa, e máis concretamente na poesía
O alumnado de 5ºA traballando con mbot Matemáticas e Música
Enviado por Anónimo o Mér, 30/05/2018 - 21:12O alumnado de 5ºA traballando matemáticas e música con mbot, ao mesmo tempo que aprenden a programar coa app Makeblock.
O alumnado de primeiro traballando co Blue Bot
Enviado por Anónimo o Mér, 30/05/2018 - 20:45O alumnado do primeiro curso traballando o alfabeto co Blue Bot.
Reunión de Centros "Robóticos"
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 11:13Dentro das actividades programadas no Seminario de Robótica estaba o do intercambio de información e experiencias con outros centros da contorna que coma nos comezan este ano a inserar os robots como ferramentas de aprendizaxe. Así reunímonos no noso centro alumnos do IES Mestre Landín, CEIP Carballal e o Sequelo
Xuntanza Scratch
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 00:13Co gallo do traballo conxunto no proxecto "Aprende Programando" visitaronnos os outros dous centros que connosco forman parte do mesmo, o CEIP O Carballal e o IES Mestre Landín, para expoñer candaseu traballo
Visita dos pais ao proxecto robótico
Enviado por josean o Mar, 29/05/2018 - 11:36Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo. Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades
Obra de teatro
Enviado por xose o Mar, 29/05/2018 - 11:25O día 16 de maio os alumnos de 5º de primaria fixemos unha obra de teatro. Esta obra esta adicada a María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno naceu en Cáceres, adicouse a escribir contos infantís e tamén era profesora. Na obra está representada a vida de María Victoría Moreno.
Espero que vos gustara.
"O río dos libros". Resumo dos libros adoptados
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/05/2018 - 20:56A primeira colleita da nosa horta!
Enviado por Belen o Ven, 25/05/2018 - 12:53Hoxe recolleimos a primeira colleita da nosa horta: leitugas!
Fixemos un sorteo polas aulas de 1º, 2ºA e 2ºB e os afortunados foron: Enzo, David e Naiara.
Esperemos que lle gusten e que sigamos recollendo mais!
Actividades "Conciencia de Río", Voces primeiras de Río"
Enviado por Anónimo o Ven, 25/05/2018 - 11:42Os nenos do CEP Sequelo fixeron un traballo. "A conciencia de Río" fixérono os nenos de 1º e 2º de primaria. Consiste en elaborar "lemas" que fagan concienciar á xente de que é necesario coidar o río. "As voces primeiras do Río" fixérono os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Consiste en crear poemas que teñan como temática o Río e a natureza.
Espero que vos gustara Comisión Periodistica 5ºB