Marzo 2018

Ensino da programación con Scratch e Robótica

O alumnado de 6º ensinoulle ao alumnado de 5º a programar xogos e figuras con Scratch paso a paso.

Fíxose unha demostración do que se pode programar co Scratch.

Deixarase para outra ocasión exemplos de programación máis complexa.

FEITO 

POR

Martina Pazos Iglesias/Noelia Iglesias

Día Mundial da Poesía

(Equipo 1 de redacción: Breixo V., Breixo S., Laura e Xoel)

Antonio Pastor Bustamante solicitou á UNESCO a creación dun día mundial da poesía.

O día mundial da poesía, aprobado en 1999 pola UNESCO, celébrase cada 21 de marzo.

"Esta acción debería ter como obxectivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respestivas."

                                                                UNESCO

Os nenos de 3º celebrámolo lendo e escribindo poesías.

 

Río Lameira

gústame andar pola túa beira.

Gústame no outono

e tamén na primavera.

Con barquiños de papel

en ti fago carreiras.

Río Lameira, río Lameira,

non te esquecerei inda que queira.

Roi 

 

A auga do río Lameira

é a mais limpa

para as nosas cariñas.

O noso río

é risoño

danos a auga

sendo amistoso.

Irene

 

Riola de xente que hai no río

eu imaxino un peixe afundido,

con escamas

e durme en camas.

Eu estou no río Lameira

paseando pola súa beira.

Xoel

 

VISITA AOS BOMBEIROS DE PONTEVEDRA

No mes de xaneiro os nenos e nenas de 1º curso fomos a Pontevedra a pasar unha mañá cos bombeiros. Gustounos moito e aprendemos mais do que pensabamos.

Exhibición de COLPBOL

O 9 de marzo celebramos a igualdade no deporte facendo uns partidos de Colpbol entre os nenos de 3º,4º,5º e 6º. O Colpbol é un deporte creado en 1997 por un mestre de educación física chamado Juanjo Bendicho. Este deporte está formado por dous equipos mixtos feitos por 7 xogadores. Consiste en meter un gol coas mans na portería contraria. As reglas básicas son:

-Non se pode agarrar a pelota coas mans.

-Non se pode dar dous toques seguidos.

-Non se pode dar co pé.

-Golpear o balón co puño cerrado.

-Respectar a distancia no saque.

Cando acabaron os partidos os profesores repartiron unhas medallas para todos os nenos/as que foron cortesía do Concello de Marín.

 

Comisión periodística 5ºB

CHARLA DE PROTECCIÓN CIVIL

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

         O día 8 de marzo, foi o Día da Muller Traballadora. Conmemórase a loita da muller pola igualdade de xénero. A primeira celebración deste día tan especial, tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Australia, Dinamarca e Suíza. Posteriormente, a súa conmemoración foise extendendo.

         Este día é contra o machismo, que é a actitude ou maneira de pensar de que o home é superior á muller.

         Algunhas mulleres para conmemorar o día da Muller Traballadora, colocan un delantal no seu balcón para que se saiba que ese día a muller non traballa.                                                     

                                                                   

Comisión periodística 5ºB

Animais do río

Como este ano estamos a desenvolver no colexio un proxecto sobre o río Lameiriña, os nenos e nenas de 5ºA decidimos facer un traballo de investigación sobre os distintos animais do río: peixes, mamíferos, anfibios, reptis, aves e insectos. Cada neno escolleu un animal, investigou sobre el e realizou unha presentación.

Queremos compartir este traballo con todos vós e cada quince días presentarémosvos tres animais diferentes. Comezaremos con tres aves: garza reiseñor e pita de auga, traballos realizados por Yara, Almudena e Yelme.

 

 

Esperemos que vos gusten!

O río Lameiriña

Proxecto realizado polos alumnos de 6º sobre o coidado do río Lameira

La jugada de mi vida

O que me gustou sobre o libro é que fala sobre a vida de don Andres Iniesta Luján e os seus obxectivos. Tamén expresa as súas vivencias na Masia,  sen os seus pais.

É moi legal o libro e recoméndoo

 

 

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.