Marzo 2016
Rosalía de Castro
Enviado por Miguel o Ven, 25/03/2016 - 15:57Neste vídeo vos deixamos un resumo do magnífico traballo que fixo o alumnado de 2B e 6B xunta cos seus mestres Susana e José Antonio, sobre Rosalía de Castro. No corredor dos pequenos tedes os seus debuxos e podedes velos recitar os seus poemas coa app de realidade aumentada Aurasma. Só fai falta un dispositivo móbil. Esperamos que vos guste.
IV CERTAME DE RELATO CURTO: UNHA DORNA DE LIBROS
Enviado por josean o Mér, 23/03/2016 - 00:00Organizado pola Asociación Intercambio do Saber, estas foron as nosas finalistas.
ROSALÍA DE CASTRO EN REALIDADE AUMENTADA
Enviado por josean o Lun, 21/03/2016 - 00:00Vivo e en directo. A pesar de todolos pesares á ultima en tecnoloxía educativa, intentamolo, porque somos teimudos e túzaros; e temos uns pais estupendos que viñeron esta mañá a ver os traballos dos seus fillos con Aurasma, REALIDADE AUMENTADA. Nin os 4 Megas de ADSL que temos nos dobregaron. Señores da Xunta que existe unha cousa que se chama fibra optica e cable coaxial de 200 Mb e nos queremos darlle uso. Graciñas aos pais pola súa paciencia e cooperación
VISÍTANNOS AS MARISCADORAS DE LOURIZÁN
Enviado por josean o Dom, 20/03/2016 - 00:00Que se note que somos un centro vivo, e ben vivo, e coñecedores do noso entorno. As mariscadoras de Lourizán dentro do noso proxecto "Marín sabe a mar" no día da muller traballadora. Que cada un celebrao cando quer e cando a ribeira o permite. Graciñas a Mari Carmen a patrona maior da confraría
CONFRATERNIZACIÓN COLEXIOS SEQUELO E LAXE 2016
Enviado por josean o Sáb, 19/03/2016 - 00:00Imaxes da xornada deportiva que compartiron rapaces dos centros de Marín do CEIP A Laxe e o CEP Sequelo. Pegáronnos unha varrida de campionato. Xogaban en casa e logo que aos mestres de Ed. Física imoslles ter que poñer as pilas emoticona smile O importante en resumo é que rapaces de Marín confraternizarán a través do deporte. Sempre que poidamos, a repetilo. Parabéns aos mestres de Ed. Física de ámbolos dous centros que foron os que organizaron o evento
VISITA AO IES MESTRE LANDÍN
Enviado por josean o Xov, 17/03/2016 - 00:00Na visita ao Mestre Landín os nenos quedaron encantados co que alí viron: robotica, realidade aumentada, unha fermosa biblioteca e sobre todo profesores con moitas ganas de traballar por e para os seus alumnos
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por josean o Mér, 09/03/2016 - 00:00Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora no Concello elaboraron unha serie de actos que tiveron como motivo central ás mestras como transmisoras de cultura; acto no que participou a nosa compañeira Mª del Mar Ávila e no que ademáis contamos no colexio cunha sesión de Contacontos.
Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2016/2017.
Enviado por Miguel o Ven, 04/03/2016 - 20:38Adxúntanse os arquivos do procedemento para a admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos para o CURSO 2016/2017.
TALLER DE ESCRITA
Enviado por josean o Mér, 02/03/2016 - 00:00Isto é o producto de varios días de fai, desfai, refai, e volve refacer (non en todolos casos) que xa hai quen as primeiras intentonas o borda, e de titorización por iguais dentro da aula. A excusa un concurso de relatos curtos en Pontevedra, Times New Roman 12, interliñado 1,5 (anda que non son exquisitos). Os temas variados, neles hai traxedia, comedia, relato informático, relatos contados por cans... Utilizan unha multitude de técnicas rechamantes: retrouso, titulo ao final, elipsis, flashbacks, ata algún ladrido... Os traballos do Taller quedaron moi dignos, o que se pediu en todo momento foi coherencia e cohesión, doado de dicir. O traballo centrámolo en traballar os párrafos