Febreiro 2016
"POSTAIS OFICIAIS" DÍA DE ROSALÍA
Enviado por josean o Mar, 23/02/2016 - 16:30As nosas postais "OFICIAIS" preparadas para saír por correo cara aos nosos compañeiros doutros colexios e cara aos nosos representantes no Concello, por medio dunha nai que tamén o é. Leyre, non é pariente de Rosalía, inda que compartan apelido, é unha rapaza galega de 12 anos de Marín que fala galego na súa vida cotía coa máis absoluta das normalidades, tras e logo de 8 anos de escolarización
SELOS PARA ROSALÍA
Enviado por josean o Mar, 23/02/2016 - 16:15Para eses "actos oficiais" do día de Rosalía que no noso colexio van durar unha semana elaboramos a nosa pequena remesa de selos oficiais.
POSTAIS PARA ROSALÍA
Enviado por josean o Mar, 23/02/2016 - 16:00A asociación de escritores en lingua galega elaborou un marabilloso modelo de postais para o día de Rosalía, mais nos andamos a fume de caroso e cando nos chegaron xa tiñamos elaboradas as nosas. Inda así as da AELG para asuntos oficiais. Dende os máis pequenos aos maiores, estes son algúns exemplos das postais que chegaron vía correos ás casas con anaquiños no reverso de poemas de Rosalía
Liga Fútbol Sala
Enviado por Miguel o Mér, 17/02/2016 - 19:24Boas! Xa podedes consultar na Web do noso centro todo o relativo a liga de Fútbol Sala, que se está a disputar nos recreos. Tedes na parta inferior dereita a clasificación, os equipos, xornadas e tablón de anuncios. Se facedes clic en cada categoría, mandaravos á ligazón correspondente. Aquí debaixo tedes onde hai que mirar. Por outra banda, animámosvos a participar na creación do escudo do voso equipo. Podedes escoller unha foto, un debuxo ou un logo e mandármolo ao correo miguelsequelo@gmail.com, poñendo o nome do equipo e adxuntando o escudo. En pouco tempo, o teredes na web posto co voso equipo. Ánimo e a participar.
Clasificación Liga Fútbol Sala 2015/2016.
Enviado por Miguel o Mér, 17/02/2016 - 11:59VISITA DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA TENLO
Enviado por josean o Mér, 17/02/2016 - 10:00"Marín sabe a mar" e aínda sabe de mar, como saben as persoas que dende a Asociación deportiva Tenlo viñeron a conectar aos rapaces coas suas raigames máis profundas; co traballo dalgúns dos seus pais e co de moitos dos seus avós e avoas. Amosaronlle o traballo dos mariñeiros e atadoras/ redeiros, e acabamos todos facendo nós mariñeiros e cosendo aparellos ou a lo menos intentándoo
MURAL DOS PEIXIÑOS
Enviado por josean o Mér, 17/02/2016 - 09:30E isto outro que do noso proxecto "Marín sabe a Mar" está nun dos nosos corredores. Estas mariñeiras caroutas que polo Entroido fixeron os de 5ºA para un mural
Entroido 2016.
Enviado por Miguel o Xov, 11/02/2016 - 21:17Aquí vos deixamos unha recopilación das fotos do Entroido 2016. Se pinchades enriba da foto, ides á galeria de fotos. Esperamos que vos gusten. Ah, se alguén quere unha copia do orixinal da súa foto que nola pida para mandarlla nun email ou copiarlla. Podedes pedila a estes correos: cepsequelo@gmail.com ou miguelsequelo@gmail.com
XENERALIÑOS
Enviado por josean o Mér, 10/02/2016 - 00:00O Entroido este ano deixou pegada no centro da mal dos Xenerais da Bandeira. Os de 2º B coa súa profe Susana fixeron este Xeneral e estes xeneraliños. Uns artistas e o que nos quedara por ver
Alice in Wonderland.
Enviado por Miguel o Mér, 03/02/2016 - 18:50Os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria asistiron o pasado 21 de xaneiro en Pontevedra a obra de teatro en inglés, "Alice in Wonderland", que ven de celebrar o pasado mes de maio de 2015 o seu 150 aniversario. Foi unha sesión moi entretida onde puideron practicar inglés interactuando e cantando en inglés cos protagonistas da obra.