Maio 2015

CONCURSO DE NARRACIÓN E DEBUXO MURALLA DE LUGO

Sempre que hai un concurso que se achega ao traballo que estamos levando a cabo na aula, procuramos participar. Dentro do proxecto "Pegadas de pedra dos devanceiros" no que anda metido o colexio o Concurso de debuxo e redación "Muralla de Lugo" adoitaba ser ideal para traballar unha das pegadas máis fortes dos nosos devanceiros. Así coñecimos máis do monumento romano e nomeáronos defensores da muralla. Non houbo a sorte doutro ano, pero con este relato que preparamos para a ocasión, estamos de finalistas no II Concurso de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra.

 

 
E aquí tedes aos "DEFENSORES DA MURALLA".

A PÍNTEGA

Hai tres anos cando empezabamos co Abalar envexabamos outros colexios onde os seus nenos eran quen de traballar as presentacións; daquela semellaba moi lonxano, hoxe no noso centro é o pan de cada día, xa ata aburren como medio. 

Un día indo para a praia descubriron enriba dunha pedra un becho ao que lle sacaron fotos que logo trouxeron ao colexio. Este foi o traballo que ao redor do tal Sr. Don Becho fixeron Aixa e Carmela; ademais da estupenda estatuiña do mesmo que podedes ver no video. Fixerono moi ben, mais elas non saíron moi contentas, coidando que o podían facer mellor. Iso é bo

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 6º

Como é tradición os de 6º despídense do colexio, coa saída que facemos todolos anos a Cabeza de Manzaneda. Se premedes sobre a foto acederedes a unha manchea doutras fotos que se sacaron durante eses días

MARÍN CONTA

Entre as finalistas do Concurso Escolar de Narrativa "Marín Conta" organizado polo Ateneo Santa Cecilía co gallo das Letras Galegas estivo a alumna de quinto Aixa Sanjorge

MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2015

Andamos cun intercambio de Marcapáxinas con outro colexio de Marín, remendado un pouco o excelso traballo que todolos anos os compañeiros do Seminario Galán da zona de Arteixo elaboran para uso do resto dos colexios, elaboramos nos estoutros marcapáxinas que na versión orixinal levan un cadro baldeiro para que os nenos escriban uns versos ou un texto do autor e aquí parte do famoso discurso das "Mil primaveras" de Cunqueiro que máis nos gusta

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Os nenos da profe Mirta a correr como se soen facer as cousas nos colexios ( o de convivir co estrés vainos), fixeron un incribel traballo resucitando a Filgueira e os de 5º axudaron con dous poemiñas dos seis que Filgueira escribiu ao estilo das nosas cantigas. Xunto coa actuación dun mago, en galego siseñor, e a interpretación de dúas cantigas tradicionais dos alumnos de 4º guiados pola profe Inés pasamos o día.

 

Preme enriba da foto, para aceder ao reportaxe fotográfico enteiro do día

O PLANETARIO VÉN AO COLEXIO

Participamos nunha actividade patrocinada pola Concellería de Educación do Concello. As estrelas da man dos rapaces na aula de Psicomotricidade dentro deste Planetario portátil

 

 

SAÍDA DOS DE 4º AOS MUSEOS DA CORUÑA

Outra das nosas tradicionais saídas é a visita aos museos da Coruña (Domus, Casa das Ciencias e Acuario), que realizan os alumnos de 4. A reportaxe fotográfica premendo na foto

VISITA A EXPOSICIÓN HISTORIA DOS MAIOS

Os nosos maiores do Centro Sociocomunitario visitaron a exposición da Historia dos Maios, na que contaron de varios alumnos de 5º como guías

SEMANA MUNDIAL DA SEGURIDADE VIAL

Xunto con outras autoridades coma a xefa provincial de Tráfico, a alcaldesa de Marín, o coronel xefe da Garda Civil, así como o capitán do subsector de Tráfico de Pontevedra os alumnos de 6º tiveron a ocasión de participar en actividades ao redor da Seguridade Vial, así como realizaron a  entrega ás autoridades dunha copia da Declaración dos nenos para a seguridade vial. Con estas acitividades darase arranque á Semana Mundial de la Seguridad Vial 

 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.