Marzo 2015
Información Matrícula 2015/2016.
Enviado por Miguel o Xov, 19/03/2015 - 12:14Adxúntanse os documentos relacionados coa información para a matrícula do Curso 2015/2016.
ROSALIA DE 1º
Enviado por josean o Mar, 17/03/2015 - 17:29Recitado dos nen@s de primeiro dun poema de Rosalía
VISITA DO ILUSTRADOR RAMÓN TRIGO
Enviado por josean o Ven, 13/03/2015 - 01:00Nesta mañá de venres tivemos a inmensa sorte de poder contar co ilustrador gráfico, debuxante de banda deseñada, pintor, guionista e unha chea de cousas máis, ademáis do princicipal, estupenda persoa, que é Ramón Trigo, premio Lazarillo 2012 pola súa obra "Leviatán". Veu expresamente dende Vigo para falarlles aos rapaces do seu traballo na Banda Deseñada, centrado no seu libro "O Burato do Inferno", sen esquecer o seu máis recente "O leviatán" polo que obtivo o citado premio. A banda deseñada non deixa de ser unha forma narrativa que ten estructuras semellantes a outras formas expresivas coma a escrita ou o cine, ás que, as veces, complementa. Como tal forma narrativa a nós interesanos é moito por iso contactamos con Ramón, que por certo esta tarde recolle un premio no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, premio máis que merecido.
VISITA DA POETA LUCÍA NOVAS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Enviado por josean o Sáb, 07/03/2015 - 00:30Un dos nosos obxectivos, como centro educativo, é o de achegar sempre e en calquera momento, dun xeito o máis vivido posible a literatura as nosas aulas. Amosarlles que eles poden ser actores nese proceso, da escrita, valorar a súas achegas, amosarlles camiños e abrirlles portas. Iso foi o que pretendimos esta mañá ao achegarlle a obra de mulleres galegas que ata o de agora nin lle soarían: Ana Romaní, Mª Xosé Queizán, Filomena Dato, Andrea Nunes Brións, Elvira Riveiro... e en representación de todas elas estivo a poeta da veciña vila de Bueu Lucía Novas Garrido a quen lle agradecemos a súa presenza no noso colexio para falarlles aos nenos da poesía e recitar con eles.
"SON a selvática serpe lamacenta, recuberta
de obsidiana, de lava candente;
son a malísima feiticeira que agocha
a súa beleza entre sabugueiro e fento,
a que traballa de sol a sol para gañar
millo
e especias,
a das mans con calos e terra
de laboura intensa."
ROSALÍA DAS ONDAS DO MAR
Enviado por josean o Mar, 03/03/2015 - 02:41Como o ano pasado participamos canda outros 26 centros do Morrazo na realización deste videopoema de Rosalía de Castro