Xaneiro 2015
A MOURA DE CASTELO NA PARDAVILA
Enviado por josean o Sáb, 31/01/2015 - 15:14Leyre e Eloy trouxeron ao colexio unha lenda situada nun sitio por desgraza xa desaparecido na Pardavila e que as súas avoas (que teñen un galego do Morrazo fonéticamente precioso) conservaron para eles, e eles estamos seguro conservaran para os seus fillos.
A Cova da Moura de Castelo from josean paz on Vimeo.
E estas son algunhas das marabillosas representacións gráficas que os nenos levaron a cabo sobre a lenda
CHARLA DE RAFA QUINTIÁ SOBRE AS LENDAS DE MOURAS
Enviado por josean o Mar, 27/01/2015 - 00:00Aló polo mes de Novembro, como somos da idea que mellor co noso non hai, para o Samaín traballamos a partir das lendas galegas, das historias de mouras, mouros, trasnos, ollaparos, lavandeiras da noite, santa compaña, homes do saco, sacauntos... será por monstros en Galicia. E vaites, que falando cos rapaces e cos pais saiu que no lugar de Castelo, nun lugar agora desaparecido na Pardavila situabase unha lenda que se foi transmitindo de pais a fillos. Daquela, pensabamos que á historia, porque é nosa e ao feito de que se transmitise no tempo, había que darlle a importancia e o valor que ambalas dúas cousas tiñan. Para precisamente poñer en valor entre os nenos da Pardavila esa historia contactacmos con Rafa Quintía que veu polo colexio a contarllos o moito que sabe da nosa mitoloxía que leva vencellada un xeito de ver e estar no mundo. Na súa charla desta mañá solucionou varias dúbidas e creou varias outras novas: Quen é a vella do Arco? E boa ou e mala?
O LIBRO DA PAZ
Enviado por inesduran o Lun, 26/01/2015 - 18:47Fixemos un "LIBRO DA PAZ" e firmamos nel.
10 proposicións de paz:
DECÁLOGO POLA PAZ
Diego e Ignacio
RAÚL E SANTI SUXEITAN "O LIBRO DA PAZ"
XESTOS POLA PAZ
Manuel de 2ºB explica un símbolo de Paz
APERTAS QUE VOAN
Recordos doutras apertas que voan
...Porque ti es o meu amigo
porque nos levamos ben.
...PORQUE NOS LEVAMOS BEN.
Queremos a Paz no ao noso lado
A PAZ AO NOSO ARREDOR
BICOS, SORRISOS E APERTAS
"APERTAS QUE VOAN"
Enviado por inesduran o Lun, 26/01/2015 - 18:32
"QUEREMOS A PAZ"
Este ano pola xornada da Paz escollimos no noso colexio a canción de Paco Nogueiras:
"APERTAS QUE VOAN"
Fai click na imaxe
IRENE, MARIAN E XAN vos desexan a PAZ
FIRMAMOS NO LIBRO DA PAZ
UN XESTO POLA PAZ.
PORQUE NOS LEVAMOS BEN.
QUEREMOS PAZ
UN XESTO DE PAZ
Levaremos colgado un lapis nun medallón
que ao facelo xirar parece que voa.
CANCIÓN DIA DA PAZ
Enviado por josean o Sáb, 17/01/2015 - 17:30Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!". Pulsa sobre a imaxe e accede a BiblioSequelo onde está a canción
UNHA VEZ NO OESTE
Enviado por josean o Sáb, 17/01/2015 - 17:11Atentos a estes rapaces que van dar moito que falar no mundo do cine, algún deles quere ser youtubber. Cando para o Nadal lles propuxemos traballo de expresión lingüístico eles pediron facelo a traves do video. Un traballo, feito a machada, sen ningunha educación previa na linguaxe audiovisual, nin en stop motion, nin en edición... Isto si que é un traballo 100% dos nenos, mellorara cando creemos bases para educalos no mundo da linguaxe cinematografica. O programa de edición que utlizaron foi o Windows Movie Maker polo que nos dixo o director da obra, Pedro Farto.
OS 1000 NOMES DA CHUVA
Enviado por josean o Sáb, 17/01/2015 - 16:35As 1000 e unha maneiras que ten o galego para falar do tempo atmosferico. Noutras cousas seremos pobres, mais nisto... archimillonarios. Para reflectir esa riqueza estas foron algunhas das nubes de palabras que os alumnos de 5º crearon.
NO COLIÑO DUNHA ESTRELA
Enviado por josean o Sáb, 17/01/2015 - 15:45A partir dunha canción tradicional portuguesa "Marinheiro", os rapaces de 5º aproveitaron a melodía e fixéronlle unha nova letra para transformala nunha panxoliña
O NADAL DE MARÍN
Enviado por josean o Sáb, 17/01/2015 - 15:38Hai 100 anos que isto se cantaba en Marín, a letra e ben coñecida en toda Galicia, mais a melodía é propia de Marín, e para esta ocasión os rapaces de 5º recuperárona coa axuda á zanfona de Xandre compoñente da AC Trepia.
VISITA DA ASOCIACIÓN XUNTOS DOWN DE PONTEVEDRA
Enviado por josean o Xov, 15/01/2015 - 16:49Esta maña no Cep Sequelo, dinámicas de grupo na aula de 5º, para que os rapaces de ata 50 coñezan mellor a realidade dos seus compañeiros con Síndrome de Down. Agradecerlles Down Pontevedra Xuntos esa marabillosa hora coa que achegaron aos rapaces esa outra forma de estar no mundo que é a da xente co Síndrome de Down, cercana aos rapaces polos seus compañeiros e que dende hoxe entenden moito mellor.