Novembro 2014
A NOSA CULTURA: MUXÍA
Enviado por josean o Xov, 27/11/2014 - 21:29Isto non llo pediu ninguén. Pero isto é o que son quen de facer os nosos rapaces cando se propoñen. Director e guionista: Pedro Farto
O MONSTRO
Enviado por josean o Xov, 27/11/2014 - 02:13Un traballo máis que recomendable para o día 25-N Contra a Violencia de Xenero, realizado polos compañeiros do CEIP Ponte dos Brozos
ENSINAR AOS NENOS A AFRONTAR OS FRACASOS E A FRUSTRACIÓN
Enviado por josean o Xov, 27/11/2014 - 00:25Se clicades na foto accederedes a este interesante artigo sobre un problema que estamos detectando de xeito cada vez máis acusado nas nosas aulas.
AS AULAS ESPAÑOLAS DO SÉCULO XXI
Enviado por josean o Xov, 27/11/2014 - 00:17De como esta evolucionando a educación
ROMAXE DA NOSA SEÑORA DA BARCA
Enviado por josean o Xov, 27/11/2014 - 00:08Do estudo das pedras de Muxía apareceu non só a presenza de Rosalía de Castro alí onde escribiu un dos seus cantares galegos senón tamén a de Federico García Lorca que escribiu un dos seus 8 poemas galegos que desta vez recitan os rapaces. Tamén vos deixamos a versión de Amancio Prada. Incribel como Federico García Lorca foi quen de escribir con esa precisión en galego
AS PEDRAS DE MUXÍA
Enviado por josean o Mér, 26/11/2014 - 22:43Dentro do Proxecto "Pegadas de Pedra dos Devanceiros" o xoves 23 de outubro do 2014 visitou a clase de 5º B a profe Barca, orixinaria de Muxía. Ela explicoulles cousas sobre a súa vila, as suas pedras tradicionais, as embarcacións...
Resultado desta entrevista e consecuencia da mesma son algúns destes productos documentais cos nenos elaboraron.
As pedras de Muxía by Endl Cep Sequelo Marín
OS SETE FALARES I
Enviado por josean o Mér, 26/11/2014 - 22:26Somos conscientes que canto máis profundo sexa o coñecemento, que nós como docentes, teñamos da nosa lingua e a cultura que a fornece, mellor poderemos ensinala e aprendela. Sendo conscientes das nosas eivas, tentamos dende un aspecto lúdico e distendido, o seguir aprendendo para ensinar. Ese é pois o obxectivo co que nace esta revista-tríptico, e que neste primeiro exemplar céntrase no mundo do conto; e para iso pescamos na rede ("A orella pendella") ou no camiño que nos marcou Ana Acuña, "Contos de Tradición Oral"; un libro da profesora Camiño Noia que recolle unha inmensidade de contos galegos, algúns coma o que esta no tríptico recollido en Marín. "Os sete falares" nace coma unha revista tríptico destinada ao profesorado, pero que queremos compartir con todos vós.
...ISAÍAS ANUNCIOU..
Enviado por inesduran o Xov, 20/11/2014 - 23:37OS PROFETAS
Antes de nacer Xesús
os profetas anunciaron a venida...
...a venida do Mesías
ISAÍAS falou dunha luz resplandeciente no medio da noite
e animou ao pobo a esperar a chegada de Xesús, o Salvador.
Brais de 2ºA e Mateo de 2ºB
fixeron do profeta Isaías
no noso teatro na clase...
Na Biblia podémolo encontrar no Antigo Testamento no libro de ISAÍAS.
PASA LA PALABRA
Enviado por inesduran o Xov, 20/11/2014 - 23:20PASA LA PALABRA
A nosa moderadora foi Elba na primeira ronda de 6º B...
En 6ºA Tivemos a Sergio...
Antes de empezar a xogar preparámolas preguntas ...
...........................................................
PASA LA PALABRA
Enviado por inesduran o Xov, 20/11/2014 - 23:12PASA LA PALABRA
Pasa la Palabra foi unha actividade que
nos axudou en Relixión a traballar en grupo:
cooperar, investigar e compartir
uns momentos moi divertidos mentres
aprendíamos...
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »