Abril 2013
Os Maios
Enviado por Miguel o Lun, 29/04/2013 - 12:55Día do libro. Escollemos un libro.
Enviado por Miguel o Lun, 29/04/2013 - 12:37CHARLA SOBRE OS MAIOS
Enviado por josean o Xov, 25/04/2013 - 22:39Visitou aos nenos de 3º don Clodio González Pérez, mestre, etnógrafo e historiador galego, toda unha autoridade no mundo dos maios cun libro fantástico e que é toda unha referencia, editado pola diputación de Pontevedra sobre a Festa dos Maios; e que nos ensinou a profundizar nunha das tradicións mais antiguas e que con mais mimo conservaron para nós os nosos maiores. Ademais é Membro do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Amosounos as orixes desta festa ancestral, as distintas manifestacións en Galicia e todolos seus porqués, que son moitos
GAÑADORES DOS II XOGOS FLORAIS
Enviado por josean o Mér, 24/04/2013 - 18:17Aquí tedes aos gañadores de cada ciclo do nosos II Xogos Florais que como lembrades, hogano tiñan a peculiaridade de que nos seus textos narrativos tiña que aparecer dalgún xeito a palabra "CHALANA". Os gañadores son Manuel Varela (6º B), Roi Lubián (3º A) e Carlota Álvarez (2º A)
INTERCAMBIO DE MARCAPAXINAS CO EEI O GRUPO
Enviado por josean o Lun, 22/04/2013 - 23:56Co gallo do Día Mundial do Libro, os alumnos de 1º, 2º e 3º intercambiaron marcapaxinas cos alumnos do EEI O Grupo
INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS CO EEI O GRUPO
Enviado por josean o Lun, 22/04/2013 - 23:24Confeccionamos marcapáxinas con lemas de ánimación á lectura en galego. Participaron os alumnos de 1º, 2º e 3º que os intercambiaron cos do Grupo. Este é o exemplo dun deles.
''El Camino del Lobo''.
Enviado por Miguel o Xov, 18/04/2013 - 19:40Este pasado martes 16 de abril, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do colexio foron a Pontevedra ver a obra de teatro: ''El Camino del Lobo'' da 'Compañía del Saco'. 'La Compañía del Saco' naceu no ano 2005, como un proxecto para a recuperación da oralidade e a música tradicional que aínda existía no val do río Ebro e no conxunto do Camiño de Santiago (nun primeiro momento no tramo que pasaba por A Rioxa, pero posteriormente ampliou a súa búsqueda a todas as etapas do ''Camiño francés'' e a outros camiños). Durante estes anos recopilaron centos de historias e melodías, moitas delas de fontes orais e outras de fuentes escritas. Tamén, recuperaron instrumentos tradicionais, atopados na Serra dos Cameros, na Rioxa.
''El camino del lobo'': Tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha vila do Camiño de Santiago e despregan os seus instrumentos, os seus monicreques, os seus bártulos i enseres. Entón, comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e cancións que foron recollendo no seu percorrido.
O XABARÍN 18 NO CEIP EDUARDO ÁVILA BUSTILLO DE A VEIGA
Enviado por josean o Xov, 18/04/2013 - 07:05Enviouse ao colexio co que estamos realizando un apadriñamento lingüístico a exposición do noso proxecto do ano pasado o Xabarín 18. Aquí o tedes en A Veiga (Ourense)
O XABARÍN 18 EN A VEIGA
Enviado por josean o Mér, 17/04/2013 - 23:04Os compañeiros do Ceip Álvaro Bustillo fixéronnolo honor de colgar o noso proxecto do ano pasado nos corredores do seu colexio. Graciñas e que o disfrutedes, rapaces.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »